FÁBULA
Un vello cacique dunha tribo estaba en conversa cos seus netos, acerca da vida.
El díxolles:
Unha pelexa grande está ocorrendo dentro de min …
É entre dous lobos.
Un dos lobos, é …
O resentimento, a inferioridade, o medo, a maldade, a avaricia, a mentira, o egoísmo, a envexa, o rancor, a culpa, a dor, a ira.
O outro lobo, é…
a paz, o amor, a bondade, a alegría, a gratitude, a sinxeleza, a esperanza, a serenidade, a humildade, a compaixón, a sinceridade, a misericordia, a xenerosidade.
E despois agregou: “Esta mesma pelexa está ocorrendo dentro de vós e mesmo dentro … de todos os seres da Terra.”
Os nenos pensaron por uns instantes e un deles preguntou ao seu avó
- “E cal dos dous lobos cres que gañará?”
O vello cacique respondeu simplemente…
- “Aquel que ti alimentes”…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.