lunes, 5 de julio de 2010

San Andrés de Teixido


Amigo/a:
 
Vai de morto quen non foi de vivo
 
É tempo axeitado de cumprir con Sant'André de Teixido,
 
tamén chamado de Lonxe ou, mesmo, do Cabo do Mundo.
 
Non o tomes a xeito de brincadeira.
 
Vai en serio.
 
Aquí respíranse  a etnografía e a antropoloxía con carimbos de antigüidade.
 
Se escolles un bo día, cun guía axeitado, ficarás impresionado.
 
Se vai temporal ou está envolto en bruma,
 
a experiencia da Santa Compaña, non te deixará indiferente.
 
Un día destes, heiche mandar unha sinopse iniciática
 
para que, cando veñas, saibas que a terra que pisas é sagrada.
 
Cada vez que vou, sempre atopo algo novo,
 
tal é a riqueza significativa desta paraxe sen par.
 
Dá para todo.
 
Para os feitizos máis indescriptíbeis
 
na Pena dos Encantos ou no Coto dos Fondás,
 
na paisaxe impresionante da Serra da Capalada,
 
ou na visión abisal dese mar infindo sen fondo
 
e de misteriosos horizontes.
 
As postas do sol, dende os comezos da existencia,
 
ergueron e venerarono aquí a grande e sacra Ara Solis. 
 
Tamén aquí poden asentar os alicerces
 
da máis auténtica fe liberadora.
 
Por aquí pasan todas as formulacións teóricas
 
ou mesmo as pantasías e pantasmas máis pantasmais.
 
En resumo:
 
Vale a pena achegarse.
 
Mellor, se o facemos sabendo de que vai e de que ímos.
 
Unha aperta vacacional que ben merecido tes o teu descanso.
 
Xaquín Campo Freire
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.