jueves, 7 de octubre de 2010

Nosa Señora, non nos falles


POESÍA A NOSA SEÑORA
DOS REMEDIOS DE TEIXEIRO

1.- Nosa Señora, non nos falles

Virxenciña dos Remedios,
pon remedio a os nosos males,
escoita as nosas plegarias,
Nosa Señora, non nos falles.

Aquí estamos en setembro,
coma sempre, o día oito
honrando a Nosa Patrona
que hoxe luce un manto novo.

Baixámoste do Altar Maior,
levásmoste a ombros na procesión,
pasamos por debaixo da túa imaxe
que nos deas a túa bendición.

Bombillas de cores na vila,
estouros de bombas no ceo,
nas casas, xantares de festa,
vestidos de estrea na misa
e pola noite, a verbena.

Santiña bendita
¡A mellor das nosas veciñas!
Nesta igrexa te recordo
desde que eu teño acordo.

E por esta igrexa pasaron
moitos cregos que te louvaron.
Don Restituto de Don Luis,
aos que no coñecín pero de quen,
meus pais me teñen falado.

Don Manuel Barbazán,
o cura que me bautizou
e o seu sobriñó “o cura pequeno”
como lle llamábamos os nenos.

Logo viñeron Don Manuel Trasar
que a parroquia modernizou
e Don Sergio, que a morte axiña
do seu labor o apartou.

E agora temos outo Don Manuel,
un home dos “bos e xenerosos”
aos que cantaba Pondal, o seu ilustre veciño,
un sacerdote que “a nosa voz entende”
como decía o poeta de Bergantiños.

Virxenciña dos Remedios,
pon remedio a os nosos males,
escoita as nosas plegarias,
Nosa Señora, non nos falles.

Sempre estiveches con nós,
Santiña do noso pobo,
compartindo os acontecementos más felices
e consolándonos nos momentos máis tristes.

Nunca nos abandonaches
nin cando a nosa fe desfalece
nin cando deixamos de crer en Tí.
Santiña do noso pobo,
sempre estiveches aí.

Nacín nunha casiña de pedra
a menos de cen metros
de onde Ti moras.
E a menos de cen metros de Ti
pido que me enterren
o día que eu morra.
Miña benquerida Santa,
quero ficar eternamente
á beira da túa casa.

Virxenciña dos Remedios,
pon remedio a os nosos males,
escoita as nosas plegarias,
Nosa Señora, non nos falles.

Autor: Carmiña (seudónimo)
Fecha: 8 de setembro de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.