QUE
APODREZAN NO CÁRCERE
XAQUÍN
CAMPO FREIRE.- NARÓN 03-11-2010.
Teño
a sorte de coñecer un pouquiño o cárcere po dentro. Só un
pouquiño. E cando digo coñecer, estou a falar só das persoas.
Principalmente da persoa concreta que está sufrindo condena por
algo. Esa persoa da que dicimos rotundamente:“Que apodreza no
cárcere”. A vida no cárcere é difícil. Moi difícil e por
moitas cousas. Pola vida en si, polas relacións humanas, polo
sentido de culpabilidade, etc.
Énchesenos
a boca falando de reeducación, rehabilitación, reinserción,
reconciliación, resocialización, rehumanización, e un sen fin de
re-.
Os
Centros Penitenciarios, tal como están, non son medio adecuado para
conseguir eses obxectivos. Abonda só co sobreateigamento no hábitat
para facer inviábel a meirande parte dos programas. Logo están
todos os outros problemas de fondo. O sistema en si mesmo. Non son eu
o indicado para analizalo. É moi complexo.
E,
porén, hai moitas realizacións aí dentro que valen a pena. É de
xustiza recoñecer o labor dos que poñen alma, vida e corazón por
faceren o que poden e o mellor que poden. Acendamos luces en troques
de maldicir as tebras. Mas son parches.
Non
serei eu quen non teña sensibilidade para todas as vítimas. As das
sen razóns e delitos que están a pasar na nosa sociedade. Con elas
convivo a cotío, coas súas desfeitas físicas e psíquicas. Sei das
amarguras e das tristezas e sobre todos dos tremendos medos que se
meten na alma para sempre. E das perdas irreparábeis. Para todos
eles a miña solidariedade e, no que saiba e poida, o meu
acompañamento sincero.
Mas
volvamos ao tema: “Que noches tan tristes las
de la prisión, suenan los candados, late el corazón”,
dicía aquela canción dos meus tempo mozos.
Cando
entras no cárcere e non preguntas a ninguén por qué está alí,
comezas facendo un acto de sanación esencial de ti mesmo: Non
etiquetar a ninguén. Só así encontras, de entrada, á persoa con
toda a súa dignidade. Con alguén que sabe que contigo está
empezando de novo. Que logo che vai abrir plenamente a súa vida da
que non está contento, nin fachendoso. Que está doído e recomido
por dentro pola culpabilidade, que tanto nos desestabiliza no
esencial do propio ser e pola autoimaxe negativa. Se cadra, mesmo
atopa aí unha pequeniña oportunidade, por máis que sexa
insignificante, para recomezar un novo proceso de refacer el mesmo a
súa propia vida.
O
voluntario, fóra do trato persoal e personalizante, da relación de
axuda e do acompañamento, non lle pode ofrecer moito máis.
Lembrades o papel da Sister Helen Prejean no film “Pena de Muerte”?
Pois iso mesmo. Mas iso, alí, é moito.
Unha
das dificultades máis serias, que senten na propia carne, cómo
recomenzar ao saír, ben sexa con permisos temporais, co terceiro
grao ou coa condena cumprida.
A
reprobación, a sospeita, o rexeitamento están aí, no novo cárcere:
Na sociedade. Entras outra volta no círculo da miseria e segues na
dinámica da auto destrución ou rompes co teu pasado,
comezando unha vida totalmente outra.
Que
fácil é falar. U-las esas oportunidades?
A
nosa sociedade, nós, ti, eu, estamos moi preparados para acusar,
culpar, incriminar, denunciar, reprobar, maldicir, proscribir,
desprezar.
E
para estimar, querer, valorar, apreciar, acoller, albergar, aloxar,
hospedar, recibir, aceptar, amparar, guarecer, reeducar, rehabilitar,
reinsertar, resocializar, rehumanizar, perdoar, .....?
Empeza
a haber experiencias de pisos tutelados e de reinsercións laborais.
Dicíame Darío: Saes de permiso. Danche 50 €. Só o taxi ata o
primeiro pobo, custa 40. E neses catro días, que fas? Perdido polas
rúas, sospeitoso para todos. Tes que comer. Vas a un Super e roubas
unha barra de pan e un cartón de leite. Xa endexamais ergues cabeza!
Ladrón de por vida! Peor ca os da trama Gürtel. Eses teñen
defensores.
Que
razón tiña Sartre cando na obra de teatro, A porta pechada,
termina dicindo: "L'enfer, c'est les autres": O
inferno son os outros.
Quero
esperar que coas mans de todos faremos un camiño na noite e dime o
corazón que algún día venceremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.