martes, 11 de enero de 2011

VAI UN DIA PRECIOSO


VAI UN DÍA PRECIOSO!
DOMINGO PÉREZ,domingo@latapia.es
MURCIA.- ECLESALIA, 10/01/2011.
Traduciu:Xaquín Campo Freire.


Si, xa sei que o refrán non remata aí,
pero eu quero rematalo e empezalo así.
VAI UN DÍA PRECIOSO!

E está nas nosas mans
que siga facéndoo
a pesar dos que queiran “jodelo”
(perdón pola expresión).
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Xa sei que a vida cotiá é fráxil,
que a nosa historia é fráxil,
que o noso futuro
e o do noso planeta
son fráxiles.
Pero, a pesar de todo,
a min dáme a gana de dicir que
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Véxovos,
sorrío,
recoñézome nas vosas vidas,
sinto quente a vosa rexa esperanza
a pesar de intentalo tantas veces,
sinto viva a vosa tenra esperanza
a pesar de rematar con feridas en tantas batallas,
que non se me ocorre outra frase mellor que dicir:
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Enfermidades,
paro,
perdas irreparábeis,
augurios desastrosos,
pequenas e grandes infidelidades,
odios e cinismos corrosivos...
enfróntannos cada día que amence
co reto de levantarnos decididos
para  atopar o abrazo
co que digamos, saíndonos do corazón:
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Hoxe,
precisamente hoxe,
é o momento oportuno para confirmalo.
Para que esperar mellores días?
Non vai mellor día do que este,
nin mellor compañía,
porque as persoas que creemos na
VIDA RESUCITADA,
Restaurada,
Revivida,
Rehabilitada,
Refundada,
Revitalizada,
non temos mellor oración para recitar,
cada vez que abrimos os ollos a un novo día que...
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Se estás triste,
di con tristura...
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Se estás alegre,
canta sorrindo,
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Se o enfado te invade,
con rabia
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Se estás en paz contigo,
chora de alegría e di
VAI UN DÍA PRECIOSO!

Non deixes de dicilo,
esteas como esteas,
sentas dor ou plenitude,
con dúbidas ou con certezas...
Quen empeña a súa vida,
coma ti,
coma vós,
queridas irmandiñas,
coma vós,
queridos irmandiños,
non ten unha frase mellor
para calquera momento do día do que:

¡
VAI UN DÍA PRECIOSO!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.