O
BISPO ARAÚJO: O PROFETA QUE NUNCA CALOU
XAQUÍN
CAMPO FREIRE.- FONTE DA CRUZ, 09-11-2012.
Asistimos
con certa frecuencia, con moita rabia e mesmo escándalo como
algúns cregos e mesmo bispos lles negan aos fieis ou comunidades o
dereito a se enterrar, casar o facer cultos en galego.
Na
procura doutras cousas no Boletín Oficial do Bispado de
MONDOÑEDO-FERROL, encontrei
este escrito de Monseñor Araújo, quen
por razóns de saúde había moi pouqiño tempo que pedira a
dimisión. Estamos no 1985.
O Administrador
diocesano, en Sede Vacante, D. Uxío García Amor, recolle no
devandito Boletín, o
Decreto vindo de Roma e o comentario do noso Bispo.
As
cousas e as causas que alí se denunciaban seguen a ser
actuais. Por
iso debe ser posto de novo en circulación para
coñecemento das xeracións actuais,
"Por
fin virá o
terceiro e definitivo paso que será a implantación ordinaria da
misa en galego
para
aquelas comunidades cristiás que teñan como lingua normal o galego,
segundo
o mandato do Concilio Pastoral de Galicia.
Este
terceiro e último paso esixe un labor catequético e pedagóxico
continuado, non
só dos fieis en xeral, senón tamén dos cregos, relixiosos e
relixiosas.
Se
non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo, o Misal
Galego non terá outra sorte que a de quedar esquecido nos anaqueis
das sancristías das nosas igrexas.
E
a responsabilidade de tal crime histórico serían, sobor de todo,
dos bispos e máis dos cregos.
Que tal cousa non aconteza para ben da Igrexa galega e de tódolos
galegos".
Este
é o último parágrafo, (as
negriñas son
miñas), do escrito de D. Miguel-Anxo. O artigo completo vai
reproducido máis abaixo.
Chega
a acusarnos de "crime
histórico"
se non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo.
E
pensar que os libros están a podrecer nos depósitos do
Arcebispado, chovendo por eles, e
que as outras dioceses xa nin os puxeron ao dispor da parroquias, que
tampouco os pediron!
Ten
razón o profeta: "Crime
histórico".
Niso
vai incluída dun xeito eminente a actual Xunta de Galicia
pola súa
actitude persistente de ser destrutora da nosa lingua e cultura.
Que
Deus bendiza ao noso benquerido D. Miguel, profeta que non calou nin
nesta nin noutras inxustizas, como moi ben saben o noso mundo
obreiro, labrego, mariñeiro e de emigrantes.
Do
seu exemplo e coherencia evanxélica podemos beber todos.
O
MISAL GALEGO.- LITURXIA.- UNHA BOA NOVA
Miguel-Anxo
Araújo, Bispo Dimisionario.
Boletín
Oficial do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, números 9-10,
setembro-outubro 1985.
Recollido
de La Región 08-09-1985.
Acabo de recibir aquí, no
mosteiro cisterciense de Oseira, onde me atopo pasando uns días de
acougo e de retiro, unha copia autentificada do Decreto de Sagrada
Congregación para o culto divino polo que aproba definitivamente a
tradución ó galego do texto litúrxico do Misal romano.
Despois de tantos anos de
espera, coido que esa debe ser pa tódolos que nos sentimos galegos
unha leda nova, e aínda máis, unha nova histórica, pois ela marca
un fito histórico para a Igrexa galega e a súa liturxia, para a
mesma lingua galega e para a historia de Galicia.
En ningún lugar máis axeitado
podía eu recibir oficialmente esta nova ca no mosteiro histórico de
Oseira, onde cunha pouca imaxinación un se sinte levado ós séculos
catorce ou quince, cando a lingua oficial de Igrexa nosa era
precisamente a galega.
O decreto devandito, escrito en
latín traducido ó galego di o seguinte:
“Congregación para o Culto Divino”.– Prot. Núm. 545/85 –
As dioceses de lingua galega en España – A instancias do Excmo.
Sr. Antón María Rouco Varela, Arcebispo compostelán, no nome dos
Bispos das dioceses de lingua galega, en letras dadas o día 10 de
xuño de 1985, en razón das facultades concedidas polo Sumo
Pontífice Xoán Paulo II a esta Congregación aprobamos ou
confirmamos a versión galega do Misal Romano, así como o propio das
misas para o uso das mesmas dioceses, feito en lingua galega, latina
e española, tal como constan nos exemplares adxuntos. Cando se
imprente, o texto fágase mención no mesmo desta confirmación
concedida pola Sé Apostólica.
Ademais remésense dous exemplares do texto
impreso a esta Congregación. Non obsta ren en contra. Na Sé da
Congregación para o Culto Divino.. día 6 de agosto de 1985. Virxilo
Noé, Arcebispo tit. Voncariense, Secretario. Pedro Marini,
Subsecretario”.
Téñase en conta que este
decreto de aprobación da versión galega do Misal Romano non só
abrangue ás dioceses que forman a chamada Provincia Compostelán
senón tamén á aquelas – caso de Astorga – nas que se fala o
galego.
Temos
xa que logo o primeiro paso para a normalización da liturxia da misa
en galego.
Agora,
e penso que canto antes, virá o segundo, que é a publicación ou a
edición do Misal. Coido que é urxente, pero tamén coido que ha de
facerse con toda dignidade, de tal xeito que se é posible, e é-o,
que supere á mesma edición castelán.
Por
fin virá o
terceiro e definitivo paso que será a implantación ordinaria da
misa en galego
para aquelas comunidades cristiás que teñan como lingua normal o
galego, segundo o mandato do Concilio Pastoral de Galicia.
Este
terceiro e último paso esixe un labor catequético e pedagóxico
continuado, non
só dos fieis en xeral, senón tamén dos cregos, relixiosos e
relixiosas.
Se
non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo, o Misal
Galego non terá outra sorte que a de quedar esquecido nos anaqueis
das sancristías das nosas igrexas.
E a responsabilidade de tal crime histórico serían, sobor de todo,
dos bispos e máis dos cregos.
Que tal cousa non aconteza para
ben da Igrexa galega e de tódolos galegos.