Os sentimentos de culpa. -
a conversión que pide o evanxeo
O
presente relato, exclusivo de Lucas, formula unha reflexión sobre a conversión,
en forma de parábola, tomando pé duns sucesos dramáticos que conmocionaran a
poboación.
Para
entender a "novidade" da resposta de Xesús, é preciso coñecer que, na mentalidade xudea, a enfermidade e o
mal, en xeral, eran consecuencia do propio pecado. A ausencia de mal, pola
contra, era considerada signo da bendición divina.
Xesús
desmárcase desa idea tradicional,
desatando o nó "relixioso" entre sufrimento e pecado. Ao
anoar ambas as dúas realidades, os que sufrían calquera calamidade convertíanse
automaticamente en obxecto de xuízo condenatorio por parte dos demais e eles
mesmos se vían abocados a un angustiante sentimento de culpabilidade e
desesperanza. A desgraza limitábaos; a culpabilidade remataba afundíndoos.
É
sabido que a autoridade tende con facilidade a xerar sentimentos de culpa,
porque un suxeito culpabilizado convértese en alguén submiso e disposto a
seguir os ditados do superior. Dende os papás que ameazan o fillo con non o
querer se non fan o que lle mandan, ata a relixión que fala de castigos, o que
se está a buscar -consciente ou inconscientemente- é "obediencia" e
submisión.
A culpabilidade, non obstante,
fai dano. Entre ela, que adoita rematar no afundimento, e máis a irresponsabilidade que
infantiliza e, en forma de autoxustificación,
fortalece o narcisismo, a actitude sá é a responsabilidade,
como sentimento maduro de quen entende a vida como "resposta" -esa é
a súa etimoloxía- coherente coas distintas situacións que se lle presentan.
É
a responsabilidade a que produce pesar e dor nas ocasións en que,
afastándonos da fidelidade ao mellor de nós mesmos, provocamos dano aos outros
ou ao noso medio. Pero ese pesar doloroso -a diferencia da culpabilidade- non
paraliza nin afunde, senón que mobiliza para o cambio.
Así entendido, paréceme que é san
desenmascarar radicalmente calquera sentimento de culpabilidade dun modo
tallante:
"Somos responsábeis de todo
aquilo no que intervimos
e de aquilo outro que omitimos,
pero non somos culpábeis de nada".
É esta responsabilidade a que podemos
asociar coa conversión que pide o evanxeo. Porque o "perecer"
de que fala non hai que entendelo en clave de ameaza nin castigo, senón
sinxelamente como a consecuencia dunha actitude e un comportamento
desaxustados.
Por
dicilo dun modo simple: Se non somos responsábeiss -se non respondemos humanamente
aos diferentes desafíos que a vida nos presenta-, estámonos a pechar á saída,
creando infelicidade para nós mesmos, facendo a convivencia imposíbel e
destruíndo o planeta; é dicir, estamos a provocar o noso propio desastre.
A
iso precisamente apunta a parábola da figueira plantada na viña. Parece que,
como trasfondo, estaría un rito habitual que consistía en achegarse a unha
árbore para convencelo, machado en man, de que frutificase o próximo ano,
ameazándoo con cortalo se isto non acontecía.
A
parábola, non obstante, pon tamén de relevo a paciencia do viñador. A
pesar de levar "tres anos" -un tempo "definitivo"-
sen dar froito, aínda o viñador segue confiando nela, á vez que lle ofrece
todos os coidados con esmero: "cavarei arredor e botareille esterco".
Xesús
parece subliñar a paciencia divina, porque comprende e respecta o
momento e o ritmo de cada persoa. Coñecedor do corazón humano, sabe dos condicionamentos
de todo tipo que pesan sobre el:
·
sufrimentos pendentes ou non elaborados,
· mecanismos
de defensa postos en marcha ao longo da vida para poder sobrevivir,
·
ignorancia básica de quen somos e do que o noso ser quere vivir...
Necesitamos
tempo e paciencia para crecer en lucidez e en consciencia, así como en
liberdade interior -fronte aos propios medos e necesidades-, para poder ser
coherentes e fieis ao mellor de nós mesmos.
Dende
esa fidelidade, todo empeza a cobrar sentido: abrímonos aos que somos e imos
construíndo relacións harmoniosas. Iso é o que significa, segundo o evanxeo,
"dar froito", e que queda admirablemente sintetizado nas palabras de Xesús:
"Sede compasivos como o voso Padre é compasivo" (evanxeo de
Lucas 6,36).
Por
iso, cando a relixión esqueceu (esquece) este principio tan elemental,
perverteuse: xerou demasiado sufrimento e provocou ateísmo. Afastouse do seu núcleo
espiritual, que non é outro que a compaixón e a liberdade, para converterse
en "relixión de poder", centrada na norma, o credo, o rito ou o medo.
Nesta
mesma dirección sinalan as sabias palabras do Dalai Lama, no relato de Leonardo
Boff.
Conta
o teólogo Leonardo Boff, unha das figuras sobresaíntes da teoloxía da
liberación, que, nunha ocasión, lle preguntou ao Dalai Lama:
"Santidade,
cal é a mellor relixión "? ".
O
Dalai Lama fixo unha pequena pausa, sorriu e contestoulle:
"A mellor relixión é a que te aproxima máis a Deus, ao
Infinito. É aquela que te fai mellor".
Para
saír da perplexidade ante tal resposta, volveu preguntarlle:
"Que
é o que me fai mellor "? ".
O
respondeu:
"Aquilo que te fai máis compasivo, máis sensíbel, máis
desapegado, máis amoroso, máis humanitario, máis responsábel, máis ético... A
relixión que consiga facer iso de ti é a mellor relixión".
E
Boff conclúe:
"Ata o día de hoxe estou a rumiar a súa resposta sabia e irrefutábel.
Non me interesa, amigo, a túa relixión, ou se tes ou non tes relixión. O que
realmente me importa é a túa conduta diante do teu semellante, da túa familia,
do teu traballo, da túa comunidade, diante do mundo".
Non
hai outro criterio máis acertado: "A mellor relixión é a que fai
mellores persoas". Ou, como dixo o propio Dalai Lama, noutra ocasión,
"a miña relixión é a compaixón". Unha resposta
totalmente "cristiá", porque foi iso -e non outros supostos
"intereses relixiosos"- o que Xesús viviu e ensinou.
De
Xesús son palabras tan inequívocas como estas:
"Non
todo o que me diga « Señor, Señor!» entrará no reino de Deus, senón quen cumpra
a vontade do meu Pai" (evanxeo de Mateu 7,21).
Ou
citando a Oseas:
"Misericordia
quero, e non sacrificios" (Mateu 12,7).
E
con toda rotundidade:
"O que fixerdes a estes meus irmáns, fixéstesmo a min... O
que non fixestes a un destes máis pequenos, non mo fixestes a min" (Mateu
24,40.45).
Non
podía haber outro criterio para aquel, a quen se definiu desta forma: "Pasou
pola vida facendo o ben" (Feitos dos Apóstolos 10,38).
Sen
falsos ou trasnoitados espiritualismos, aquí áchase o decisivo do cristianismo:
o que contan non son os "discursos relixiosos", senón "facer o
ben", no que coincide a chamada "regra de ouro", presente en
todas as grandes tradicións de sabedoría: "Tratade os demais como
queredes que eles vos traten a vós" (Mateu 7,12).
Nunha
época de "ocaso relixioso", debido a un cambio no "nível de conciencia"
-as formas relixiosas coñecidas son debedoras de estadios anteriores-, paréceme
importante centrarse na sabedoría espiritual que está na orixe de todas
aquelas tradicións.
Enrique Martínez Lozano. S.J.
TEÓLOGO. PSICOTERAPEUTA.
*******************************
: Ante o fracaso, convén
preguntarnos o "por que" en lugar de "quen"
Para
poder expresalos e combatelos, necesitamos recoñecer
os sentimentos de culpa e aceptalos como
normais
Cando sucede algo negativo, tendemos a
buscar culpábeis. Ata tal punto dáse esa tendencia que se poden clasificar os tipos de
personalidade segundo se reacciona ante as frustracións: 1.- Quen
sistematicamente se autoinculpan do
que sucede. 2.- Os que pensan que a
culpa sempre a teñen os demais. 3.-
Por último, os que non botan a
culpa a ninguén, ben porque non entran a xulgar ou porque non lle outorgan
excesiva importancia aos contratempos que a vida nos depara.
1.
- As reaccións de autoinculpación
provocan no individuo un estado de ansiedade e a orixe podemos atopala en
sistemas de educación ríxidos. A familia, a escola ou o medio social estiveron
tradicionalmente cargados de leis e normas de conduta rexidas polo medo ao
castigo. Así, fomos interiorizando paulatinamente este catálogo represivo ata
que rematan constituíndo parte da nosa personalidade. É como un xuíz ou policía
que levamos dentro e que actúa impoñéndose á espontaneidade da acción e do
pensamento. As persoas con este sentimento de culpa énchense de obrigas aínda
que estas non lles correspondan. Son extremadamente escrupulosos e esixentes á
hora de axuizarse e viven pendentes de que o castigo ou a sanción poida caer
sobre eles.
2.
- Por outro lado, as reaccións que
sistematicamente inculpan a outros de todo o negativo que
sucede débense a que o individuo non soporta a carga da propia responsabilidade,
cando xorden as frustracións, e dirixe aos demais a sensación de culpa. É unha
forma de liberación que os demais perciben como unha conduta agresiva, pero que
revela a incapacidade do individuo para criticarse de forma obxectiva e serena.
A orixe destas condutas está en estilos de educación permisivos nos que a
persoa non experimentou os límites da súa conduta nin as consecuencias dos seus
erros. Sucede frecuentemente en familias nos que a autoridade de pais e adultos
e o respecto a unhas certas normas de convivencia foron mal ou
insuficientemente traballados cos nenos e adolescentes. A educación en
liberdade e responsabilidade é a nosa materia pendente.
3.
- E a actitude de reaccionar ante as malas noticias non botando a culpa a ninguén asóciase
a dous tipos de perfil: Os que
manteñen actitudes frívolas e non
lle dan importancia a nada e, por outra parte, os que mostrándose responsábeis e conscientes, optan por
non tinguir as relacións interpersoais de sentimentos de culpa para evitar a
negatividade que iso carrexa.
Prexudica as relacións
Quen
por sistema adxudica as culpas aos
demais resulta tan cargante que non tarda tempo en verse illado e evitado
por todo o mundo, salvo cando ostenta poder sobre o seu ámbito e é, por iso,
temido, o que en absoluto favorece as relacións sociais desa persoa poderosa.
Estes individuos téñense por tan perfectos que resulta desagradable permanecer
xunto a elas. Pero esta actitude, tan visible cando é protagonizada por outras
persoas, pode pasarnos desapercibida se somos nós os que a adoptamos. Por iso
resulta útil reflexionar sobre a nosa capacidade de autocrítica, e someternos á
crítica allea con espírito de mellora. Defendernos por sistema é pouco
proveitoso para o noso progreso persoal e distáncianos dos demais.
Para
non nos cargar con culpas que non nos corresponden debemos deixar vivir aos
demais.
No
outro extremo, os que se autoinculpan
dos fracasos, xa propios xa alleos, sofren nas relacións sociais porque
perciben os demais como superiores ou como irresponsábeis. E poden rematar
facéndose demasiado esixentes cos demais, ao ser percibido o ámbito como
moralmente menos escrupuloso que un mesmo.
Para
rematar, excluír os sentimentos de culpa é case sempre positivo. Cando se
produce un conflito devén improdutivo buscar culpábeis. Se se bota a culpa ao
outro poden acentuarse os seus sentimentos de culpa, especialmente se é débil,
co cal contribuímos a destruílo. E poden así mesmo darse respostas simétricas,
polo que nos veremos nun "máis do mesmo" ou no "conto de nunca
rematar" co cal chegar á solución ao conflito será moi difícil.
Sempre
é máis útil formularse qué parte de responsabilidade corresponde a cada un na
busca de solucións (e non só na orixe do problema), e actuar posteriormente en
consecuencia.
Liberarnos dos sentimentos de culpa
Moitas
das frustracións que orixinan os sentimentos de culpa prodúcense porque se ten
unha idea da nosa capacidade ou da dos demais, que, por excesivamente
optimista, non se atén ao real. Polo tanto, a primeira estratexia para combater o sentimento de culpa é cultivar o sentido da realidade, o que
supón aceptar, aínda que resulte doloroso, o que é e o quen é cada un. Para
iso, é necesario traballar a autocrítica mediante a reflexión e tomando en
consideración as observacións que nos fan as persoas que nos manifestan máis
afecto e confianza. Determinaremos así as causas das situacións conflitivas
para aprender dos fracasos e non volver cometer eses ou similares erros.
O obxectivo é dobre: O
esclarecemento da situación e a desactivación do proceso de adxudicación de
culpas.
O
intelixente e proveitoso é identificar
os erros, recoñecer a causa, asumir
a responsabilidade cando nos compete e, xa despois, tomar medidas para
rectificalos e para non volver caer na mesma pedra.
Limitarnos a sentir culpa é como
encadearnos de por vida polo que aconteceu no pasado, o que conduce a un estado
de ansiedade que pode derivar en depresións.
Sentir culpa só resultará útil cando
esta sensación se poida converter en acción.
Cando
se aceptan os erros sen sentir un fracaso definitivo e paralizante, o erro pode
percibirse como unha oportunidade de
aprendizaxe, coma unha fonte de información de qué cousas van ben e cáles
non.
Trátase
dun proceso de autoaceptación e mellora que xera autoestima, de aprender a
querernos a partir dun diagnóstico atinado sobre as nosas accións menos
logradas e as nosas posibilidades de intervir sobre elas. Respecto á culpa que
podemos sentir polos erros alleos, convén formularse se un é responsábel (ou en
qué medida o é) das vidas dos demais.
Cada
un ten o seu propio periplo vital e debe asumir a súa responsabilidade sobre o
que nesa viaxe acontece.
Estes
sentimentos de culpa polos demais parten do convencemento íntimo de que eles
dependen de nós. É coma se a partir desa vinculación se establecese unha
dominación.
Permitir
á outra persoa vivir a súa vida permítenos a cada un vivir a nosa do mesmo
modo, con liberdade e responsabilidade. Os que viven a noso arredor van
desenvolverse mesmo a pesar de nós, sen unha axuda, a nosa, que poden percibir
como angustioso.
É
un alivio comprobar que un non ten toda a responsabilidade no que a outros lles
suceda, pero hai que saber asumir esa soidade que podemos sentir cando
aceptamos que os demais vivan sen depender dos nosos xuízos e opinións.
Para evitar o sentimento de culpa, convén...
·
Identificar os sentimentos de culpa. Analizar en
qué situacións sobreveñen.
·
Aceptalos como normais e pensar que
son comprensíbeis. Ao recoñecer e aceptar estes sentimentos de culpa, resulta
máis doado expresalos e combatelos
·
Expresar os sentimentos de culpa. Falar con
outras persoas (se é necesario, con profesionais) do tema pode axudar a aliviar
este pernicioso sentimento.
·
Analizar as súas causas. Buscar as
razóns destes sentimentos pode contribuír a facelos máis comprensíbeis e aceptábeis.
·
Recoñecer os nosos propios
límites.
·
Aprender a deixar vivir aos demais.
(Ver este artigo en:
As persoas con este sentimento de culpa énchense de obrigas
aínda que... Para iso, é necesario traballar a autocrítica
mediante a reflexión e...
revista.consumer.es >Salud >Psicología y salud mental -En caché
O sentimento de culpa. : - No nos castiguemos
Na
nosa vida experimentamos multitude de situacións que nos espertan sentimentos e
emocións.
Uns
son de alegría e rexouba, e estimulan a risa e mesmo o choro de emoción.
Outros
son de tristura e dor, e lévannos ao silencio e ao desconsolo. Isto último
sucede co sentimento de culpa. Cando aparece, se non se sabe manexar
correctamente, pode conducirnos ao bloqueo e ao encerro en nós mesmos. Ser
consciente diso axudaranos a superalo e a canalizar o xuízo sobre a nosa persoa
sen converter a culpa en castigo.
¿Por que a culpa é tan forte?
A
culpa está conectada co instinto de morte e coa autodestrución. Mal asumida,
arrastra a persoa á pasividade, deixándoa nunha situación de indefensión e á
mercede de que alguén ou algo externo o libere dela. Esa persoa, ideoloxía ou
crenza alcanza tal poder que impedirá exercer a propia responsabilidade.
O
sentimento de culpa inflúenos tanto porque temos medo a ser abandonados e dificúltanos
responsabilizarnos da nosa propia vida. Témese o abandono, pois a necesidade de
ser amados e aceptado é unha aspiración innata en todos nós, e cando a culpa se
interioriza contra nós mesmos, deixamos de crer na nosa valía persoal e
xulgámonos non merecedores do amor. Como consecuencia, intentamos ser como
cremos que as outras persoas queren que sexamos, e así evitar que nos
abandonen. Pero sucede que a nosa verdadeira forma de ser remata
manifestándose, e o medo ao abandono increméntase.
Xorde
entón a agresividade cara a un mesmo a través do autorreproche e a crítica
constante, co propósito de redimirse e ser capaz de ser dona da propia vida.
Pero só se consegue interiorizar cada vez máis a desvalorazón persoal, e a
redención nunca chega, pois buscamos que alguén nos libere.
E
non é posíbel, xa que é a culpa a que nos impide ser libres, non os outros.
Como sabemos que a culpa nos ameaza?
Sinais físicos (presión no peito, dor
de estómago, de cabeza, de costas), sinais
emocionais (nerviosismo, desasosego, agresividade, irascibilidade) e sinais mentais (pensamentos de
autoacusacións e autorreproches) alértannos de que a culpa está a ser mal
administrada.
Hai
sinais físicos que nos avisan de que estamos a administrar mal a sensación de
culpa
É
máis probábel que sexa así cando mantemos un sistema de pensamento polarizado (pensamos que as cousas son brancas ou
negras, boas ou malas, e non admitimos o termo medio); negativo (tan só temos en conta os detalles negativos e ademais
magnificámolos, sen atender aos aspectos positivos); ríxido (baseámonos nun sistema de normas estrito onde o deber
prevalece en todas as nosas accións), sobredimensionar
(abandonamos a responsabilidade da nosa vida e pasamos a responsabilizarnos das
vidas dos demais e de canto acontece a noso arredor) ou perfeccionista (o nivel de esixencia colocámolo na perfección e
esta en todos os actos que levemos a cabo).
Como
todo sentimento, a culpa está precedida
e é consecuencia da escala de valores con que nos rexemos na vida. Se se
produce un desencontro entre o noso ideal de como ha de ser noso comportamento
e a realidade vivida, causará dolorosos conflitos persoais que desembocarán na
xeración dalgunha das tres maneiras de reaccionar ante os acontecementos:
·
Reaccións
intrapunitivas: sentímonos culpábeis, exclusivos de todo o acontecido.
·
Reaccións
extrapunitivas: culpabilizamos de todo, inclusive dos nosos males, aos demais,
como forma de desresponsabilizarnos ante o sucedido.
·
Reaccións
impunitivas: pensamos que ninguén ten a culpa de nada, que son as
circunstancias sen máis. Esta forma de razoar pode ter de bo conseguir
descargar a angustia e non facer máis penosa a situación, pero como
contrapartida, e haberá que estar alerta, pode caer na simplificación e a
irresponsabilidade.
Culpa si, pero non castigo
Canta
maior concordancia exista entre noso pensar e actuar, e canto máis lonxe se
manteña o noso razoamento de absolutos, rixideces e perfeccionismos, menos
veces se nos xerará o sentimento de culpa. Pero sen dúbida, cando somos
incoherentes, o sentimento de culpa aparece. Nese momento, na medida en que
aparquemos a descualificación e o castigo, liberarémonos da paralización e
manteremos a suficiente fluidez interna que nos levará a abordar as nosas
faltas de coherencia como problemas a resolver e non como lousas
autodestrutivas.
Agora
ben, mesmo practicando o anterior non estamos exentos de que se nos acenda ese
sinal da culpa con capacidade de ser dolosa. O problema non radica en sentila,
senón en como afrontamos a súa presenza.
Cando
se presenta a culpa, o reto é converter ese sentimento en:
·
Un sinal, que serve para cuestionarnos como facemos o que
estamos a facer. Ás veces é bo que nos atopemos en entredito: as revisións
persoais posibilitan o noso enriquecemento.
·
Un momento de reflexión e análise de por que nos xorde,
sen entrar a desvalorizarnos nin a afundirnos no desasosego e o sufrimento.
·
Un diálogo interior que nos leve a designar e concretar
cál é a conduta pola que sentimos a culpa.
·
A busca de solucións, ou no seu defecto alternativas a
como reparar o dano causado.
·
A petición de perdón ás persoas afectadas pola nosa
conduta.
Se
o sentimento de culpa nos afecta de tal forma que nos conduce a unha situación
emocional que nos impide unha análise clara, convén acudir a un profesional
para que poida axudarnos a atopar as solucións axeitadas.
Sacar o positivo da culpa
Se
ante a culpa non exercemos a nosa responsabilidade e nos sumimos na
paralización do medo, caeremos na
descualificación persoal (somos malos, egoístas,....) e no autocastigo (agresividade que provoca sufrimento).
Pero
tamén podemos ver na súa manifestación unha función saudábel, pois fainos conscientes
do conflito e, a partir de aí, seremos capaces de analizar as solucións e dar
os pasos oportunos que restabelezan o noso vivir coherente.
Poderemos
descubrir que a transgresión da norma que provoca a culpa se produce porque:
·
Nos guiamos por un sistema de pensamento polarizado, ríxido,
negativo, sobredimensionador ou
perfeccionista.
·
Existen unhas circunstancias especiais, na que hai que ter
en conta as nosas necesidades do momento,
·
Pretendéndoo ou non, a nosa actuación non se adecúa aos
nosos valores.
Se
se trata dos dous primeiros casos, comprobamos que o código non é inamovíbel e
polo tanto podemos flexibilizar, contextualizar e dar máis precisión e
puntualización á norma transgredida. Non se trata de destruír a norma, senón de
enriquecela despoxándoa da súa rixidez. Se a culpa se presenta por ser
incoherentes co noso sistema de valores, teremos de responsabilizarnos das
consecuencias, facernos cargo do que estas supoñan e pedir perdón a quen
resultara danado polo noso comportamento.
Palabras Claves
Investigación sobre a
culpabilidade, culpa, culpa apropiada, culpa neurótica e sentimentos de culpa.
Culpa Auténtica
A Biblia fala sobre la culpa - "Vinde, pois, di Jehovah; e razoemos xuntos: Aínda que os
vosos pecados sexan como a grana, como a neve serán embranquecidos. Aínda que
sexan vermellos como o carmesí, virán a ser como branca lá ".
A culpa - "Ese compoñente do noso facer, que nos fai angustiarnos,
torturarnos, desprezarnos ".
Unha visión da culpa - "As persoas que se senten culpábeis farán o humanamente
posíbel con tal de pagar a culpa e restaurar unha imaxe aceptable ".
Culpa Inocente
Culpa - "Para algúns coidadores, os sentimentos de culpa ocupan
unha parte importante da súa experiencia de coidado ".
Culpa Falsa
Amargarse a vida é fácil
- "Reflexionar sobre a influencia que certos pensamentos teñen sobre as
nosas emocións e condutas axuda a ser menos pesimistas ".
Sanidade
Como podo ser perdoado e saber o
que son? - "Pecados que non
confesamos sepárannos de Deus e danan a nosa relación con El ". Verbalizar
os conflitos adecuadamente debe ser sempre sanante. Por iso cómpre estar a
altura nesta responsabilidade de relación de axuda. E moito máis se se trata do
Sacramento do Perdón.
A culpabilidade -
"Polo común, as persoas que teñen eses sentimentos posúen unha opinión moi
baixa sobre si mesmas, considéranse inadecuadas". Somos sempre sanadores?
Psicoloxia: A Culpa
Debemos diferenciar o que é sentimento de culpa e a culpa
en si mesma. Culturalmente falando a culpa foi sempre unha ferramenta
da sociedade e pon o individuo nunha situación de imposibilidade.
Isto acontece sempre na familia, relixión, institucións
culturais ou de educación. É o que limita ao individuo a
poder actuar libremente pola punición moral e entón aparece esta
culpa e non entendemos o por que.
En varias ocasións chamámola responsabilidade pero
son dúas cousas distintas e debemos facernos cargo da situación.
Cando a culpa se volve paralizante o suxeito queda
quieto sen facer nada, esta situación é un pouco traumática e pouco
beneficiosa porque non nos brinda o pracer de avanzar.
É normal que ante unha situación, na que se trata dos
sentimentos internos, as dúas persoas traten de botar a culpa entre si,
tratando de desligarse do que nos corresponde.
O sentimento de culpa chegaranos a resultar angustioso
cando debemos facer algo ou deixar de facelo porque a culpa empeza aparecer.
A culpa representa un método máis tranquilo para deixar de
facer algo que debemos, para non nos responsabilizar, paralízanos.
Moitas outras é un sentimento que non podemos controlar,
pero podemos dicir que: sentir culpa é unha cousa, pero quedar con ela é outra,
só depende exclusivamente de nós.
****************************************
FÁBULA
Un vello cacique
dunha tribo estaba en conversa cos seus netos, acerca da vida.
El díxolles:
Unha pelexa grande
está ocorrendo dentro de min …
É entre dous lobos.
Un dos lobos, é …
O
resentimento, a inferioridade, o medo, a maldade, a avaricia, a mentira, o
egoísmo, a envexa, o rancor, a culpa, a dor, a ira.
O
outro lobo, é…
a paz, o
amor, a bondade, a alegría, a gratitude, a sinxeleza, a esperanza, a
serenidade, a humildade, a compaixón, a sinceridade, a misericordia, a
xenerosidade.
E despois agregou:
“Esta mesma pelexa está ocorrendo dentro
de vós e mesmo dentro … de todos os seres da Terra.”
Os nenos pensaron por
uns instantes e un deles preguntou ao seu avó
- “E cal dos dous
lobos cres que gañará?”
O vello
cacique respondeu simplemente…
- “Aquel que ti alimentes”…
Xaquín Campo Freire
Sacerdote. Ats.