miércoles, 21 de noviembre de 2012


O PERFIL DE UXIO COMO PERSOA COMPROMETIDA
CO EVANXEO E CO PAÍS

HOMENAXE A D. UXÍO GARCÍA AMOR.- VILALBA, 17-10-2012.


XAQUIN CAMPO FREIRE. FONTE DA CRUZ, NARÓN.

Saúdos primeiramente para o benquerido D.Uxío e para vostedes señoras e señores.

Grazas a D.Alfonso Blanco Torrado e a Asociación Xermolos de Guitiriz por terme encomendado esta tarefa de honra.

Grazas a D. Xulio Xiz pola súa sempre intelixente e esmerada presentación do acto.


E postos a soñar eu gostaría agora de estar escoitando aquí a D. Xosé Chao Rego entrañábel amigo, compañeiro e profundo coñecedor e admirador de D. Uxío. Tamén o amigo Bernardo García Cendán debera estar ocupando esta cátedra.

Pero a vida é como é e tócame a min achegarme hoxe e aquí a vida deste admirado sacerdote desde outra posición, a do alumno que vai rastrexando as pegadas que o insigne e humilde profesor vai deixando, case coma quen pide perdón, quen mesmo por iso é admirado de todos os que tivemos a sorte de telo como formador.

Uxío García Amor, nace en Sante hai 84 anos, o 07-11-1928, municipio de Trabada, nunha das dúas variantes do Camiño Norte que entra en Galicia.
Entrou no Seminario de Mondoñedo por suxestións que lle facía con frecuencia ao seu pai o cura de Abres, parroquia da marxe dereita do río Eo. Unha zona na que as Asturias e a Galicia se reparten as ribeiras fluviais.
Aqueles consellos foron tidos en conta e o rapaciño ingresa no Seminario Conciliar de Santa Catarina de Mondoñedo no ano 1940. «Gustábame estudar, e era case a única oportunidade que tiñamos», dixo en algún momento.
Eran anos de aprendizaxe e tamén tempos de posguerra e penuria. Os alumnos tiñan de levar a comezos do curso una fanega de trigo, que axudaba a alimentar o corpo e tamén parecía nutrir o ánimo: «Pasábase ben, con boas ilusións e ánimo de seguir».

A comezos do curso 1945-1946, con case 17 anos, foi enviado a Roma pola diocese para iniciar os seus estudios de Filosofía na Universidade Gregoriana. E, previo o curso propedéutico, consegue a laurea en tal disciplina. Posteriormente cursou na mesma Universidade os cursos de Teoloxía que conclúen co grado de licenciatura. O 19-03-1953, aos seus 25 anos, foi ordenado sacerdote na capela do Colexio Español de San Xosé en Roma, sito daquela no Palazzo Altemps. No curso seguinte inicia os estudos no Instituto Pontificio Bíblico da Cidade Eterna onde en dous anos consegue o grao de licenciado en Sagrada Escritura. As súas notas foron sempre: “Summa cum laude”.  
En Roma fica del unha lembranza inesquecíbel na Universidade Gregoriana, no Pontificio Instituto Bíblico, no Colexio Español de San Xosé e na Academia Pontificia de Música Sacra. Por bo estudante e pola calidade humana.

Ao seu Seminario de Mondoñedo chega de novo en setembro do curso académico 1955-56 con esas tres licenciaturas traballadas concienciudamente: Filosofía, teoloxía e ciencias bíblicas ou Sagrada Escritura, que tanto ben ían facer a moitos.
Axiña ven de ser nomeado profesor de Sagrada Escritura, Lingua e Literatura española e universal, Grego, Francés, Música, Historia das Artes e Arte Sacro, xunto coas funcións de director da Schola Cantorum, Secretario de Estudos, Vicerreitor do Seminario e Superior interno e formador no Seminario Menor. Tamén Mestre de Capela na Catedral.

D. Uxío formou parte dunha época e dun grupo de grandes figuras, que con formación crítica, profunda e universal retornarían logo para traballar nas súas dioceses de orixe
Cando chegan aquí seguía sendo realidade aquilo de Machado: Españolito que vienes al mundo, te guarde Dios. Una de las dos Españas ha de helarte el corazón. Esa mesma España á que tamén cantarían posteriormente Ana Belén e moitos outros:
España camisa blanca de mi esperanza
reseca historia que nos abraza,
a veces madre y siempre madrastra”.

Serán estes, e moitos outros, os que irán poñendo os alicerces para traballar a saída persoal, comunitaria e colectiva da Longa noite de pedra cara a un mundo máis libre, máis humanizado, máis culto, máis democrático, máis xusto e menos caínita.

E sobre todo serán estes os que saiban responder a un fito histórico: Traballar, dixerir e espallar o Concilio Vaticano II. Na nosa diocese serán Pepe Chao, Uxío García Amor, Fernando Porta, Gabriel Vázquez Seijas, Cuco Ruíz de Cortázar e algúns outros, quen, co benquerido bispo Don Jacinto Argaya ao fronte, levaron a cabo o inxente e acertadísimo aggiornamento do todo o clero e laicado diocesano, da nosa igrexa e da nosa sociedade civil, como nos urxira aquel bo papa, Xoán XXIII e a Gaudium et Spes.
Así cómpre recoñecelo e profesarlles inmensa gratitude.

O Grupo Estría. que aínda hoxe é punto de referencia para calquera historiador que se prece, tivo en Roma moita actividade naqueles tempos. Abarcaba un pouco todos os saberes da época. Nós, no seminario de Mondoñedo, tivemos a honra de coñecer varios números da súa Revista Estría e de gozar das excelentes poesías deste noso benquerido profesor.
De entre aqueles eu destacaría ao P. Luís Alonso Shökel e ao sacerdote, escritor e periodista José Luís Martín Descalzo. Naqueles foros de formación e cultura, sempre foron grandes as loas para Uxío García Amor. Só lle achacaban que non acentuase máis a súa asertividade, xa que por timidez e excesivo perfeccionismo, o mesmo ca Rosalía, non saca a relucir o moito que el sabe e o ben que o sabe facer.
El sabe que estou contando a máis pura verdade. Por iso dicía no comezo, quen me dese que fose Pepe Chao, o seu coetáneo por aqueles lares, quen nolo contase hoxe aquí como testemuña máis directa e con detalles máis pormenorizados.
En época recente, eu tiven a oportunidade de vivir nese Colexio Español onde celebraron o cincuentenario de homenaxe a toda aquela floración de persoeiros que foron grandes biblistas, literatos, políticos, músicos, poetas, bispos, etc.
El, aínda hoxe, é convocado para intervir coas súas valiosas e experimentadas achegas nas efemérides máis sobresaíntes. Contan sempre con el como un activo de primeira clase.

Uxío sabe de música e de gusto musical. Sabe de arte e de todas as belas artes. Sabe como valoralas, como esculcar e escudriñar os misteriosos segredos que os artistas souberon plasmar e expresar. Aquilo do neno de Castelao: E logo quen lle dixo a vostede que dentro desa pedra estaba esa muller tan fermosa?

Nas súas preferencias literarias recoñece que varios autores teñen influído nel, sen un predilecto en exclusiva. Ten confesado que Antonio Machado, Celso Emilio Ferreiro ou Noriega Varela son voces que resoan dentro del pola súa excelencia.

Un profesor e académico da Española, Álvaro Porto Dapena, dixo de Uxío “Esperaba poder ler algunha composición do meu tamén inesquecíbel e querido profesor D. Uxío García Amor, de quen non sabería dicir se é mellor músico ou poeta. Os seus sonetos encantáronme”. (PORTO DAPENA A, en Poetas del Seminario mindoniense.- Diario de Ferrol, 14 de outubro de 2007, p.14).

Sabe de literatura, filosofía, teoloxía, ciencias bíblicas, oratoria, xornalismo, política, arte sacra, etc. É un home ben do seu tempo e formado para todos os tempos. Transcende o decorrer do tempo porque navega en proa mirando sempre cara adiante e deixa detrás unha estela que marca rumbo. E nese ronsel, por sorte, estamos nós.

Publicou “Versos en mi vida”. “Sorprende comprobar a solidez, a beleza formal, a intensidade dos contidos e a conmovedora espiritualidade da obra poética que Uxío García Amor foi construíndo ao longo de máis de medio século de escritura”.
Porén, velaquí o xuízo del, modesto coma sempre: «Se valen de algo, aínda que sexa como recordo agarimoso e familiar, xa me dou por satisfeito”.

Outros escritos del:
  • Xavier Méndez Pérez, músico da nosa terra.
  • José Prieto Verdes. Na “familia de familias”.
  • Daría Balea Méndez, a pedagoxía do corazón.
  • Don Gabriel Pita da Veiga, home de Deus.
  • Manuel Mejuto Sesto.

A obra escrita de D. Uxío é sumamente ampla pero está moi espallada por infindas publicacións que xa darían ben para unha boa tese de doutoramento se estivese ben dirixida. Algún día, dime o corazón, que se fará realidade este estudo coa categoría que ben merecen o autor, a súa vida e a súa obra.

Retomemos a súa dedicación á música. Na Cidade Eterna profundou no coñecemento e na aprendizaxe dunha das súas grandes paixóns: a música, como xa se insinuou. As aulas de polifonía no Instituto de Música Sacra son o anticipo de posteriores cargos xa citados: A Schola Cantorum do Seminario, Mestre de Capela na Catedral de Mondoñedo, director de corais, Orfeón da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo, Polifónica Vilalbesa, na actualidade, etc. Son mostra das súas dotes para cantar e harmonizar voces. Negra Sombra, a canción da que ten moi bos recordos como director do orfeón da cidade episcopal. Sen deixar de lado as foliadas ou composicións como Velaí vai. Da etapa de Vilalba son La caracola e El mar muerto .

Isto ven a conto de que con tantos anos de sacerdocio a evolución na música foi grande e os cambios afectaron tamén á música relixiosa. Lonxe de fosilizarse nostalxicamente e en exclusiva nun pasado, el avanza cos tempos escollendo con visión crítica e selectivamente o mellor que se vai producindo. Di el: A solemnidade xa non é o que era. Pero as cancións están más próximas aos fieis, son máis breves e facilitan a participación de todos nas celebracións litúrxicas. E así, xunto con Xabier Méndez Pérez, estivo na creación dos “Salmos para a Nosa Terra”, que tantos parabéns mereceron, e comprometeuse nos comezos serios da liturxia en lingua galega.

É un experto en idiomas. Galego, español, portugués, italiano, alemán, francés, inglés. Manexa ben latín, grego clásico, hebreo e árabe. E non estou esaxerando. Pois todos eles lle foron necesarios para os estudos bíblicos. Eu puiden comprobalo persoalmente no Seminario. Por máis que el na súa modestia diga que non é para tanto.

Porque traio eu aquí o dos idiomas?

Alguén preguntoume un día en ton dubitativo que cal era a postura de D. Uxío en relación coa nosa lingua. Retruquei simplemente que se deixasen de andrómenas, de dixomedíxomes, de seicas e disques. Cómpre sermos un pouco máis serios. Que collan, como fixen eu, os Boletíns do Bispado de Mondoñedo nos tempos de Sede Vacante cando el foi o máximo responsábel da diocese e poderase comprobar, principalmente nos escritos, cartas e comunicados a toda a Diocese, cal foi a lingua, case en exclusiva, que el usou.Tomou decisións moi importantes que só el sabe cantos sufrires e desquereres lle causaron. E cando chegou o novo Bispo, D. Xosé Gea Escolano os escritos del, como Vigairo Xeral, seguiron tendo a mesma periodicidade e sempre nun exquisito galego, que manexa coma poucos.

Eu non son propiamente o que se di un dos do círculo ou do grupo dos seus amigos íntimos nin das equipas que nos tocase traballar xuntos. Pero si son outro máis do seus profundos e agradecidísimos admiradores, polo moito que lle debo. Por iso son moi libre ao afirmar hoxe estes testemuños. Eu veño ser coma un espello que reflicte o que acontece en todo o seu alumnado espallado polo mundo adiante, cregos algúns, mas a maioría noutras diversas profesións de todo tipo. El mesmo non sabe ben canto hai de el en todos nós. Todos coincidimos en recoñecer o selo de amor serio á sabedoría, á nosa lingua e cultura en particular, que el nos soubo transmitir sen proselitismos partisanos, e sen produtos de “ferro vello” como se lle chamaban nas feiras da miña nenez ás bagatelas ou ás cousas superficiais, tramposas ou de sétimo uso.

El entrou de cheo nos traballos do Concilio Galego e saudou con albricias a Carta Pastoral do bispo D. Miguel Anxo Araújo Iglesias: “A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega”, (1975) e penso que iso o afirmou no que xa viña sendo nel unha praxe común. E logo na aprobación do Misal galego, 1985, que chegou baixo o seu mandato como Administrador Diocesano, e no que puxo interés e alento.

No tocante a isto eu podo afirmar fidedignamente con canto agarimo, aprezo e valoración positiva nos explicou a literatura galega dentro da literatura universal. Corrían ventos ben avesos para toda diferenciación dentro daquela España difícil y erecta que el ambicionó, como dicían na Falanxe de José Antonio.
Como eu son moi conservador gardo coidadosamente as fichas densas, concisas e meticulosas que el tanto traballaba e que logo tamén esixía á hora de dar conta da tarefa estudada. Foi no curso académico 1958-59.
Tanto lembro a súa influencia en min que no ano seguinte eu tiven de levar unha especie de pequena conferencia que nos esixían aos alumnos de Filosofía para expola ante profesores e alumnos. Eu tituleina: “A morriña e a saudade galegas encarnadas na figura prócer de Rosalía de Castro”. Tanto se me gravara o seu ensino da nosa cultura e literatura.

A influencia de D. Uxío en todo o clero actual da nosa diocese foi e é inmensa Ten oitenta e catro anos e son máis de sesenta de maxisterio polifacético e de excelente calidade. Sabe de case todo e de todo nos comunicou nun labor calado e silencioso como silencioso é el na súa propia vida e na súa docencia. A don Uxío hai que estudalo desde o silencio, en silencio e nos silencios. Por iso ten a arte de saber escoitar e atender. Unha escoita activa, din os psicólogos. Unha escoita sanante e sanadora.
Vexamos un detalle. Un alumno faille unha pregunta sobre un asunto para el de sobra coñecido. Resposta del: Isto hoxe non o teño ben preparado. Prefiro contestárvolo mañá. E mañá chegou cunha ficha concisa e densa, escrita, abarcando todo o que era importe dese tema e con citas bibliográficas. Tomaba en serio aos alumnos e á ciencia. Del fiabámonos totalmente. Nunca nos mentiu e non ía nunca de fantoche nin derelumbrón’. Non “fardaba” de si mesmo. Por iso o admirabamos aínda máis.


COMO É O HOME E O SACERDOTE

Se admirado é o profesor e o director de corais verdadeiramente é moito máis admirábel o home e o sacerdote.
Os seus 84 anos, acabadiños de cumprir hai dez días, non lle impiden manter un alto ritmo de actividade.
Tivo Numerosos cargos:
  • Formador no Seminario de Mondoñedo.
  • Profesor de case todo en diversos centros e aulas.
  • Delegado diocesano de Liturxia.
  • Conferenciante dentro e fóra de España.
  • Cóengo na catedral mindoniense.
  • Administrador Diocesano entre a renuncia de Araúxo Iglesias e a chegada de Gea Escolano.
  • Vigairo Xeral.
  • Párroco de As Pontes.
Este noso home, vivindo en Ferrol e cando as estradas eran malas coma o demo, atendeu durante uns 20 anos dúas parroquias de Trabada: Valboa e Fórnea.
Tamén ao Ermo, en Ortigueira. E cando fallaba un crego, alá ia el caladiñamente a suplilo. Dicía sentirse a gusto. «As parroquias rurais son máis familiares. Se pasas a unha parroquia rural, acabas sendo da familia.Esa familiaridade acaba interiorizándose».

Tamén debeu deixar semente de entrega na propia familia de sangue, xa que o seu irmán Pepe foi compañeiro noso no seminario moitos anos. Un sobriño del é Padre paúl e misionario en Angola. Unha sobriña, cos estudos universitarios a rematar, entrou na clausura das Carmelitas Descalzas.

Os que coñecemos a diocese desde dentro sabemos que andaron con el de arriba para abaixo, sen deixalo dedicar de cheo ao que podía telo convertido nunha autentica autoridade docente e científica e ser unha fonte de inmensa riqueza para unha diocese que, pequena coma nosa, sempre estivo falta de verdadeiros mestres de vida e de ciencia. El foino e éo, pero desde os testemuños de entrega e servizo.
Visto desde fóra e con ollos só humanos diriamos del que foi un todo terreo.
Mas cómpre interrogarse: Fixeron del un baila na criba? Deixouse utilizar en demasía? Ou foi a virtude dun home humilde e consciente que ten a sabedoría bíblica de transcender as cativezas humanas?
Por momentos houbo moito malestar incluso en altas esferas da igrexa de España pola utilización moi pouco delicada que se fixo da súa persoa. Temos de dicilo así: “chiaro e tondo”, como din os italianos
El, igualciño ca os profetas, non sempre foi recoñecido na propia casa. Poderiamos titulalo así: As probas dun sacerdote humilde, que non humillado, porque humillado é quen se deixa.
Cumpliu aquilo de Cícero: Et ad majora nati sumus. Pero o que lle é de verdadeira aplicación, sobre todo, é do Mestre Xesús de Nazaré: “Quen queira ser o primeiro sexa o último de todos e o servidor de todos. (Mc 9, 35). “Sabedes ben que os que son recoñecidos como xefes dos pobos, tiranízanos, e os grandes oprímenos. Non sexa así entre vós o que queira ser grande, sexa o voso servidor.(Mc 10, 42-44).
Este é o seu ideario profundo e o seu leit motiv existencial. Quen non o estude á luz destes criterios nunca o vai entender.
Sabemos ben certo que lle propuxeron ser bispo e que non aceptou. Incluso se sabe o sitio do seu destino. Penso que foi a única vez que dixo. Non!
Agora, por parte de vello, proclámano Prelado de Honra. Honra que nos vai mellor a nós, que presumimos de monseñorados, do que a el que non lle serve de nada. É un home profundamente libre no seu espírito. Liberdade sen ira.
Alguén preguntoulle:Séntese vostede verdadeiramente realizado con tantos anos de vida sacerdotal?.«Cómo non?», respondeu sorrindo e rotundamente
A Vilalba chega no 2001. En Vilalba, «Integreime ben. Axiña sentín o agarimo da xente».
García Amor, coa ilusión de quen canta, parece terse ido adaptando aos seus diferentes destinos”.
Ten variedade de gustos. Confesa que lle agrada camiñar a miúdo polo paseo fluvial de Vilalba e contemplar a súa variada vexetación. Franciscanismo puro. Di sentirse ben entre os amigos e unha vez ao ano verse cos compañeiros do Seminario e compartir misa e mesa con eles.
A min déronme a misión de falar de: “O perfil de Uxío como persoa comprometida co evanxeo e o país”.

Pois coñecendo todos a D. Uxío García Amor, eu acabaría aplicándolle en singular aqueles versos cos que Uxío Charlón e Manuel Sánchez Hermida, dous obreiros da Construtora de Ferrol, pertencentes as Irmandades da Fala, remataban no teatro Jofre de Ferrol en 1917 a súa obra “Mal de moitos”:


Perseguindo unha idea nós camiñamos
non son trunfos nin grorias os que buscamos.
Soio pedimos
moito amor para a terra onde nascimos”.


Grazas por todo, Don Uxío, et semper nobiscum vivas.


O BISPO ARAÚJO: O PROFETA QUE NUNCA CALOU

XAQUÍN CAMPO FREIRE.- FONTE DA CRUZ, 09-11-2012.

Asistimos con certa frecuencia, con moita rabia e mesmo escándalo como algúns cregos e mesmo bispos lles negan aos fieis ou comunidades o dereito a  se enterrar, casar o facer cultos en galego.

Na procura doutras cousas no Boletín Oficial do Bispado de MONDOÑEDO-FERROL, encontrei este escrito de Monseñor Araújo, quen  por razóns de saúde había moi pouqiño tempo que pedira a dimisión. Estamos no 1985.

O Administrador diocesano, en Sede Vacante, D. Uxío García Amor, recolle no devandito Boletín, o Decreto vindo de Roma e o comentario do noso Bispo.

As cousas e as causas que alí se denunciaban seguen a ser actuais. Por iso debe ser posto de novo en circulación para coñecemento das xeracións actuais,

    "Por fin virá o terceiro e definitivo paso que será a implantación ordinaria da misa en galego para aquelas comunidades cristiás que teñan como lingua normal o galego, segundo o mandato do Concilio Pastoral de Galicia.
Este terceiro e último paso esixe un labor catequético e pedagóxico continuado, non só dos fieis en xeral, senón tamén dos cregos, relixiosos e relixiosas.
    Se non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo, o Misal Galego non terá outra sorte que a de quedar esquecido nos anaqueis das sancristías das nosas igrexas.
    E a responsabilidade de tal crime histórico serían, sobor de todo, dos bispos e máis dos cregos. Que tal cousa non aconteza para ben da Igrexa galega e de tódolos galegos".

Este é o último parágrafo, (as negriñas son miñas), do escrito de D. Miguel-Anxo. O artigo completo vai reproducido máis abaixo.

Chega a acusarnos de "crime histórico" se non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo.

E pensar que os libros están a podrecer nos depósitos do Arcebispado, chovendo por eles, e que as outras dioceses xa nin os puxeron ao dispor da parroquias, que tampouco os pediron!

Ten razón o profeta: "Crime histórico".

Niso vai incluída dun xeito eminente a actual Xunta de Galicia pola súa actitude persistente de ser destrutora da nosa lingua e cultura.

Que Deus bendiza ao noso benquerido D. Miguel, profeta que non calou nin nesta nin noutras inxustizas, como moi ben saben o noso mundo obreiro, labrego, mariñeiro e de emigrantes.

Do seu exemplo e coherencia evanxélica podemos beber todos.





O MISAL GALEGO.- LITURXIA.- UNHA BOA NOVA

Miguel-Anxo Araújo, Bispo Dimisionario.
Boletín Oficial do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, números 9-10, setembro-outubro 1985.
Recollido de La Región 08-09-1985.

Acabo de recibir aquí, no mosteiro cisterciense de Oseira, onde me atopo pasando uns días de acougo e de retiro, unha copia autentificada do Decreto de Sagrada Congregación para o culto divino polo que aproba definitivamente a tradución ó galego do texto litúrxico do Misal romano.
Despois de tantos anos de espera, coido que esa debe ser pa tódolos que nos sentimos galegos unha leda nova, e aínda máis, unha nova histórica, pois ela marca un fito histórico para a Igrexa galega e a súa liturxia, para a mesma lingua galega e para a historia de Galicia.
En ningún lugar máis axeitado podía eu recibir oficialmente esta nova ca no mosteiro histórico de Oseira, onde cunha pouca imaxinación un se sinte levado ós séculos catorce ou quince, cando a lingua oficial de Igrexa nosa era precisamente a galega.
O decreto devandito, escrito en latín traducido ó galego di o seguinte:
Congregación para o Culto Divino”.– Prot. Núm. 545/85 – As dioceses de lingua galega en España – A instancias do Excmo. Sr. Antón María Rouco Varela, Arcebispo compostelán, no nome dos Bispos das dioceses de lingua galega, en letras dadas o día 10 de xuño de 1985, en razón das facultades concedidas polo Sumo Pontífice Xoán Paulo II a esta Congregación aprobamos ou confirmamos a versión galega do Misal Romano, así como o propio das misas para o uso das mesmas dioceses, feito en lingua galega, latina e española, tal como constan nos exemplares adxuntos. Cando se imprente, o texto fágase mención no mesmo desta confirmación concedida pola Sé Apostólica.
Ademais remésense dous exemplares do texto impreso a esta Congregación. Non obsta ren en contra. Na Sé da Congregación para o Culto Divino.. día 6 de agosto de 1985. Virxilo Noé, Arcebispo tit. Voncariense, Secretario. Pedro Marini, Subsecretario”.

Téñase en conta que este decreto de aprobación da versión galega do Misal Romano non só abrangue ás dioceses que forman a chamada Provincia Compostelán senón tamén á aquelas – caso de Astorga – nas que se fala o galego.
Temos xa que logo o primeiro paso para a normalización da liturxia da misa en galego.
Agora, e penso que canto antes, virá o segundo, que é a publicación ou a edición do Misal. Coido que é urxente, pero tamén coido que ha de facerse con toda dignidade, de tal xeito que se é posible, e é-o, que supere á mesma edición castelán.
Por fin virá o terceiro e definitivo paso que será a implantación ordinaria da misa en galego para aquelas comunidades cristiás que teñan como lingua normal o galego, segundo o mandato do Concilio Pastoral de Galicia.
Este terceiro e último paso esixe un labor catequético e pedagóxico continuado, non só dos fieis en xeral, senón tamén dos cregos, relixiosos e relixiosas.
Se non se leva a cabo este traballo con interés e entusiasmo, o Misal Galego non terá outra sorte que a de quedar esquecido nos anaqueis das sancristías das nosas igrexas. E a responsabilidade de tal crime histórico serían, sobor de todo, dos bispos e máis dos cregos.
Que tal cousa non aconteza para ben da Igrexa galega e de tódolos galegos.



NOS VAZÍOS DA NOITE

XAQUÍN CAMPO FREIRE. FONTE DA CRUZ, 08-08-2012.

Hai poucos días lin un relato dunha avoa que acompañou a toda a familia nun longo proceso de cancro e quimioterapia do seu netiño de sete anos. Velaquí un retallo pequeno:

Por grandes períodos tentei agochar toda incerteza e todo sufrimento, pois doutro modo non se pode vivir. Mas cando vén a noite ou se dan as condicións para un espazo baleiro, daquela, cae o pano, e a lava dun volcán de agonía, que vive no fondo da nosa alma, retoma con forza a súa erupción. A vontade de darlle a todos, á miña filla, ao meu netiño e aos seus irmanciños un día feliz, esvaece agora e, no silencio da noite, a dor da crúa realidade fai que as lágrimas quentes e longas rulen en cascada. E os saloucos afogados, convértense en gritos na procura dun sentido esencial da vida”. “Porque, ..., ando sen tempo para min. Nin tan sequera podo alimentar o meu íntimo esmorecido”.

Coñezo ben esta realidade das noites en soidade. Son testemuña. É algo que teño experimentado e acompañado moi de cerca durante tantos anos na miña vida activa de enfermeiro, na planta do hospital ou na Atención Primaria, en intensivos ou nas urxencia. Hoxe, mesmo no cárcere, sigo a facelo desde outras circunstancias non menos dolorosas. Podería titulalo así: Vida, paixón e morte do coidador/coidadora principal a quen a sociedade, mesmo a familia, non prestamos atención, non lle axudamos axeitadamente e lle esiximos a máis non poder.

O acompañante principal do enfermo, pensemos no Alzheimer, non ten tempo nin para si. A dedicación é intensa e exclusiva. A vida, que corre moi veloz e non espera, sebrepásao. Atrás, acumúlanselle preocupacións e responsabilidades. Moitos asuntos importantes fican sen resolver, non se poden adiar e logo pasarán unha factura cara.

Nin todos os familiares ou os amigos entenden a situación. Nin axudan. Moitos desenténdense. Algúns, cando veñen de visita, aínda culpan ou chaman a atención. “O peor é que, obxectivamente, teñen a súa razón. Recoñezo a súa parte. Pero eu ando sen tempo e sen forzas para min. Xa non dou máis e estou desoreintada/o” “Só sei chorar e ando desquiciada/o”.

Nestes tempos, en que o deus mercado só está preocupado por subtraernos os recursos familiares e toda a economía, é obsceno falar de enfermos e acompañantes, de sanidade pública ou axudas familiares, de educación de calidade ou de comedores escolares, etc.

Todo isto é reenviado sen vergoña á esfera do privado. Son as “mamandurrias” ás que xa non podemos optar e ás que non debe ceder ningún bo gobernante que se prece, como profetizou dona Esperanza. E no fondo, a sociedade en xeral, tamén pensamos así. Xa comezan a falaren de que os nenos han ter que ir coa friameira á escola. Nos anos cincuenta eu lembro iso. E xa houbera que pórlle dentro! Non dramatizo.

Son tempos de vacas fracas. Os voluntariados de relevos para un merecido descanso, gratuítos, con calidade e con competencia profesional, son unha chamada urxente a todos nós para termos unha sociedade menos neurotizada e máis solidaria Están nacendo iniciativas meritorias nestes campos. Ben vindas sexan elas! Os coidadores son merecentes.

Iso non quer dicir baixar as esixenzas dun estado xusto, social e solidario para todos, empezando polos de abaixo. Temos de rebelármonos. Quo vadis, humanitas?



SOBRE EL FIN DEL MUNDO


CADA DÍA SU AFÁN Diario de León 17.11.2012

SOBRE EL FIN DEL MUNDO

De tanto en tanto recorre el mundo el rumor inquietante de que está para llegar el fin del mundo.
Una aparición. Una revelación. Un texto de unos antiguos calendarios. Todo sirve para crear un sentimiento que va de la inquietud al regodeo. No se sabe si nos horroriza ser los últimos habitantes del planeta o pretendemos contemplarnos en un telediario posterior a la cósmica catástrofe.
De todas formas, a la luz de la fe, lo más preocupante es que para tratar de fijar la fecha del fin del mundo se acude a los pretendidos signos del final que se encuentran en los evangelios.
Se leen las señales de los cielos y la tierra que allí se mencionan, se recogen las noticias de los últimos fenómenos atmosféricos. Se deduce que todo coincide y, en consecuencia se pretende fijar con exactitud el fin de todo lo creado. De todo o de la pequeñísima parcela que nosotros conocemos.
A propósito de esas predicciones véase este texto: “El que se levante pueblo contra pueblo y el que su angustia se abata sobre los países, lo estamos viendo en nuestro tiempo con más profusión de lo que leemos en los libros. También sabéis con cuanta frecuencia hemos oído que en otras partes del mundo ha habido terremotos que han devastado innumerables ciudades. Sobre nosotros se abate peste sobre peste. Es cierto que todavía no vemos claramente signos en el sol, la luna y las estrellas, pero el hecho de que no estamos lejos de eso, podemos deducirlo del cambio de clima que ya experimentamos”.
¿Verdad que es de una rabiosa actualidad? ¿No es cierto que el autor conoce perfectamente lo que está pasando? Pues bien ese texto pertenece a las Homilías sobre los evangelios que escribía el papa san Gregorio Magno a finales del siglo VI. Seguramente nos parecerá sorprendente.
Como se ve, en todos los veinte siglos que nos separan del Señor, siempre se ha tratado de adivinar el futuro. Por otra parte, llevamos también muchos siglos repitiendo que la Biblia no contiene un informe sobre el principio del mundo y pretendemos encontrar en ella una predicción del final.
En torno a la polémica sobre Galileo ya se dijo que la Biblia no nos dicen cómo van los cielos, sino cómo se va al cielo. Repetimos que los mensajes bíblicos sobre el principio no tienen un carácter científico, sino religioso-moral. Pero no nos decidimos a aplicar ese mismo criterio a los mensajes sobre el final.
El discurso de Jesús sobre el final no es un informe científico. Ni un código para adivinos. Es una reflexión sobre Dios y sobre el hombre, sobre la eternidad y el tiempo. No se nos anuncia el fin del mundo. Se nos exhorta a poner fin a un mundo malo.
Jesús nos dice que hoy es el tiempo final. Siempre es el tiempo final. Siempre se nos recuerda nuestra finitud y caducidad. Siempre es el tiempo de la espera y de la esperanza. Siempre es el tiempo de la responsabilidad y de la vigilancia. Siempre es el tiempo de la creatividad y la fraternidad.

José-Román Flecha Andrés

DE LA CÁRCEL SE SALE, AMIGO. NO TE RINDAS
XAQUÍN CAMPO FREIRE. 20-08-2012.

(Meditación personal desde Benedetti). Compañero amigo, amigo del alma. Cuantas veces he visto lo imposible pisando mis talones en mis proyectos de vida con la tentación de dejarlo todo. Alguien se acercó y me susurró, suavemente, allá muy adentro: No te rindas. Quizás fue ese hijo, ese tan pequeño, de mirada limpia y ojos suplicantes: Papá, no te rindas. He visto las lágrimas de una madre buena, con rostro gastado, que me dio la vida: No te rindas. En el silencio de la noche y en la soledad de mis días un amor me grita: Por favor, no te rindas.
Me siento atrapado. Tengo dependencias. Lo mejor de mi se va destruyendo. No soy un ser libre. La culpa me acecha. Me siento frustrado. Mi vivir penando es un sin sentido. Me comen las ansias de gritarme fuerte: ¡Cambia ya tu rumbo¡ ¿Cómo, dónde, con que ayuda? Una gran zozobra. No sé. Aún no veo. Esa voz interior se agranda, no sabe callar. Machaconamente me insiste: No te rindas. Un pesimismo inútil y destructor aparece amenazante. Que maraña. No puedo perderme. No vale la pena. Sí. Me levantaré. Allá en lontananza, una leve luz. Palpando, al vislumbre, sus atisbos busco. No quiero rendirme. Soy un buscador. Tengo derecho, como persona, a vivir de pie y con dignidad. En alguna parte, me lo dice el alma, nuevas oportunidades me aguardan, a mi espera están. Esa voz me dice: Levántate y anda, no te rindas. ¿Podré? Y de nuevo las dudas. Aparece el miedo y llega el desánimo. Pero, no. No te rindas. Y la voz me puede, me insiste y no calla: No te rindas. Un golpe en la mesa: Basta, me dije a mi mismo. Decídete ya. No seas cobarde. Te espera otra vida. Pretendo acallarla. La voz no se deja. Con fuerza imperante: No te rindas.
Al fin la escuché y me fue guiando. Me puse en camino. Y vino la lucha. Y la lucha fue dura. Tuve recaídas. Y pasó el tiempo. Mucho tiempo.Un tiempo de años con días iguales. Sí. Han pasado años. Conocí penales y módulos varios. Sangre, sudor, miedos. Muchísimas lágrimas he dejado en mi senda, también en mi celda. Con los compañeros, en largas sesiones, con risas y bromas, también con reservas, aliviamos penas. Ya no soy el mismo. El tiempo, mi tiempo, se fue consumiendo. Mucho he cambiado.
Y llegó el día y sonó la hora. Las puertas cerradas al fin se me abrieron. Mirando hacia atrás, ¡que precio tan alto! ¿Mereció la pena tener que pagarlo? Mucha gente buena ha puesto su parte y estuvo apoyando. Tuvieron paciencia. Creyeron en mí para que yo creyera. Y esta es mi historia, compañero amigo, amigo del alma. Yo quiero animarte. De la cárcel se sale. Otra vez se empieza. Se empieza de nuevo. No te rindas.

Y a ti, Benedetti, gracias infinitas por saber decirlo:

NO TE RINDAS (Mario Benedetti)

No te rindas, aún estás a tiempo
De alcanzar y comenzar de nuevo,
Aceptar tus sombras,
Enterrar tus miedos,
Liberar el lastre,
Retomar el vuelo.
No te rindas que la vida es eso,
Continuar el viaje,
Perseguir tus sueños,
Destrabar el tiempo,
Correr los escombros,
Y destapar el cielo.
No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se esconda,
Y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma
Aún hay vida en tus sueños.
Porque la vida es tuya y tuyo también el deseo
Porque lo has querido y porque te quiero
Porque existe el vino y el amor, es cierto.
Porque no hay heridas que no cure el tiempo.
Abrir las puertas,
Quitar los cerrojos,
Abandonar las murallas que te protegieron,
Vivir la vida y aceptar el reto,
Recuperar la risa,
Ensayar un canto,
Bajar la guardia y extender las manos
Desplegar las alas
E intentar de nuevo,
Celebrar la vida y retomar los cielos.
No te rindas, por favor, no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se ponga
y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma,
Aún hay vida en tus sueños.
Porque cada día es un comienzo nuevo,
Porque esta es la hora y el mejor momento.
Porque no estás solo,
Porque yo te quiero.

martes, 30 de octubre de 2012


TRIBUTOS

Toda demasía es peligrosa, así los tributos han de ser moderados. Todo lo sobrado es dañoso y siempre reprensible todo exceso, Por ello solo se toma del panal de la miel lo que basta con un dedo, no con las manos, en procura que la su dulzura no sea causa a su vez de amarguras; recordemos que quien todo lo quiere todo lo pierde. No importa que salga alguna vez la Luna de día, pues el Sol le quita su jurisdicción no impidiendo la primera que salga la luz, con lo cual se describe que se tiene que contentar con reinar la una la noche y el otro durante el día.

Lo mismo ocurre con el dueño de un árbol, el cual se debe conformar con su fruto, que si además quiere el árbol lo perderá todo. Todo lo sobrado cuesta sobrados peligros, y trabajos a los hombres.


No existe cable que a sobrada violencia no se rompa, ni arco tan flexible que no encorve y lo quiebre, que el más cordero, suele pasar irritado a más león; porque se irrita la paciencia, y esta de diamante suele sacar sangre y sentimientos al golpearla porfiadamente, de modo que una prolija molestia suele convertir en hiel el corazón de la más dulce paloma.

La codicia y la crueldad que impone el avariento de enormes tributos, y aun siendo despiadado al cobrarlos, es dos veces tirano, ya que se lleva con el pelo la piel, y con la piel la carne, exprimiendo de los huesos el meollo, queriendo hasta de las piedras sacar sangre, y aun se podría jactar de ser piadoso, porque no pone tributos al respirar. Quienes así procediesen no traería más que altercados, de modo que cada uno defiende lo suyo con más coraje, que el ladrón acomete lo ajeno; no bastando el castigo en estos casos debido a que la obediencia suele fundarse en la utilidad, o en la necesidad, y ninguno está más cerca de querer perderse, que aquel que ya tiene menos que perder. Debe ser la cortesía en quien cobra y una nueva obligación en quien paga, todo ello con moderación.

Claro tenemos que no se puede conservar en obediencia a un pueblo, sin el freno del tributo que le rija; pero cuidado que no se desboque con él, como también es verdad que la pública quietud depende de las armas del sueldo, y éste de los tributos, y que es el dinero el nervio de la discordia. Pero fuera de lo preciso más seguro está el oro en manos de pueblo que en el erario.

Ningún gobernante alcanzó más gloria que aquel que a sabiendas de que el pueblo tenía muchas deudas, pagó de su dinero a los acreedores; o mandó vender alhajas antes de imponer un nuevo tributo. Lo más estimable es la dádiva que se da uno, es la que no haya sido martirio de muchos, por decirlo así, y que el don que enriquece al que le recibe no haga pobre sino al mandatario, aunque a éste tampoco, porque el que es dueño de lo que todos tienen, no puede dejar de tener lo de todos.

Fernando Cabanas López

miércoles, 19 de septiembre de 2012

CADEA PERPETUA REVISÁBEL?

XAQUÍN CAMPO FREIRE.. 19-O9-2012.

!Viva la muerte! ¡Muera la inteligencia!, berrou contundente Millán Astray na Universidade de Salamanca.!Viva la vida!, retrucou Unamuno.
Dª Carme, esposa do ditador emerxente, salvounosacándopolo brazo da súa cátedra da sabedoría. Os grillóns craváronselle na alma. Ao pouco tempo, 31-12-1936, Unamuno morría el soíño na súa casa. Acababan de aplicarlle a cadea perpetua.
Cadena perpetua revisable, para agravala, Señor Gallardón? Levan tempo berrando ese santo e seña. D. Federico Trillo deixoulle o camiño “trillado”. Teñen vostedes un público moi afervoado. Nas mortes da Inquisición a xente ía presenciar as piras e berraban a coro consignas parecidas. No Coliseo Romano: “Panem et circenses”. E o polgar para abaixo. Necesitábase morbo.Agora tamén.
Hai días presenciei isto.Un funcionario, gran persoa por certo, díxome: Acompáñote ata a saída. Nisto, saen dous obreiros dunha empresa que están a reforzar un muro que repisou e vaise esbarroar(Será isto unha alegoría dun muro que se rebela e non  quere ser outro de tantos muros de cerramentos: Berlín, Israel, EE. UU.-México, campos de concentración, campos de refuxiados, de inmigrantes, etc.?). Recordei o canto “¡Abajo la muralla!” ou “¡A desalambrar!” E botei de menos a Labordeta.
Saudámonos. O máis novo, expresouse así: Vivencomo Dios, e cagouse nese Señor para reforzar o enunciado. Comen, visten, fuman, toman café. Que máis queren. Non fan nada. Con nós son moi educados, eh!Incluso se desviven por botarnos unha man. E tamén haique dicilo, está todo moi limpo. Nin unha cabicha polo chan. Eu é a primeira vez que traballo aquí. (Non sabíanque estaba nun módulo de Respecto, nin que o cárcere non é todo así. Estaban a ver a parte máis “suave”)O funcionario escoitou atentamente. Ao final, moi digno, só lle dixo: Se se vive como Dios, por que non aproveita vostede. Pódense esgotar as prazas e pode perder unha oportunidade. Fique xa aquí. E que eu teño familia, respostou. Fóronse.
O funcionario, apesarado, díxome: Con esta mentalidade non se pode cumprir a Constitución que fala de reeducación e reinserción. E isto non é todo. A meirande parte dos políticos, e mesmo dos profesionais das leis, nunca viron un cárcere, nin un recluso, salvo para facérense unha foto e encheren a boca. Estes polo menosfalan con eles.
Fixen unha tesiña sobre o cárcere nun posgrao de Humanización. Digo isto para acreditar que tiven de ler libros abondo dos mellores xuristas. Concordan nisto: O Código Penal español é un dos máis ríxidos de Europa e estase aplicando con dureza, cando o índice delitual é dos máis baixos. Non fai falta reformalo coa cadea perpetua porque, na práctica, iso xa está facendo. Corenta anos non son xa unha cadea perpetua?  Sen contar que a maioría dos penados son patoloxías psiquiátricas e sabendo que nos cárceres están só os pobres, os dunha escala social para abaixo.
Se a vostede, señor Gallardón, e aos que o seguen, os pechan corenta anos, cando saian para onde van? Para que serven? Quen os recibe? É ese o modelo de sociedade que de verdade nos propoñen? Un pixama de pino cos pés para adiante?
Xa sei que hai vítimas. E hai que atendelas de verdade e non xogar con elas. Non electrizalas con máis dor e odio. Xa teñen abondo. Non vale o que estamos a facer con elas. E falo en primeira persoa. Estou en contacto con elas.
Póñolle un exemplo para rematar. Un interno, (é máis eufónico que chamarlle preso)pediume: Podes ir ver á miña nai e estar con ela unha miguiña? Cando volvín de vela entendín a cadea perpetua. Aqueles nenos cheos de lama e esfarrapadiños xa estaban na cadea perpetua. Só lles falta medraren un pouco máis ou que vostedes rebaixen a idade penal, do que xa están a falar. O do cárcere remitíalles cen euros/mes.
Sinceramente, Don Gallardón, téñolle pánico. Nontanto á cadea perpetua, nin ao de “revisábel”. Téñolle autentico terror ao modelo de sociedade que vostede, vostedes, nos están creando. Volvemos á selva. Ao espírito vindicativo. De aí a Viva la muerte!, en tempos dunha crise socio-económica tan forte que nós non creamos, non hai máis que deixar pasar dous anos.
Na  próxima tolemia tipo das dos Estados Unidos e un programa máis de telebasura, xa reinauguramos as leis que nos legou o que en paz descanse: E hanlle chamar “Reinserción!” Que lle vai bonito!, don Alberto.

viernes, 24 de agosto de 2012

NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

NOVENA A NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS 2012
LUGAR: SANTUARIO DE TEIXEIRO
HORA: 7 DE LA TARDE
COMIENZA: 31 DE AGOSTO
FIESTA: 8 Y 9 DE SEPTIEMBRE
MISAS DEL DIA 8: A LAS 9, 10, 11 Y 12 POR LA MAÑANA Y A LAS 6 DE LA TARDE
MISAS DEL DIA 9: A LAS 9, 10, 11 Y 12 DE LA MAÑANA