SAÚDOS E GRAZAS A TODOS.
Todos viñestes moitas veces a esta romaxe, festa ou celebración relixiosa.
Todos vimos hoxe traendo unhas expectativas, uns desexos, peticións, ansias, etc.
Con máis ou menos fe vimos pedir, suplicar, dialogar, expresar, comunicar no noso interior as preocupacións da vida. Tamén as alegrías. As grazas. ...
E iso xa é un valor. Poder expresarnos desde o profundo do ser xa nos fai entrar en saúde e sanación. Ese é un dos grandes valores sanantes da oración:
Verbalizar, expresármonos. Pórlle palabra ao que nos pasa por dentro. Iso xa axuda a comprendernos mellor e clarificar os nosos camiños na vida.
No ámbito relixioso esta devoción dos Remedios ven de antigo: O costume, a fe de acudir pedindo auxilio, axuda, remedio a Deus, a Xesús-Cristo ao Santo Espirito. E dun xeito especial pondo polo medio á Nai. A María. A ela chamámoslle con infinidade de nomes. Recordemos cantos hai nas Letanías do Rosario.
Tamén lle damos os nomes dos lugares: O Carmo, Saínza, Fátima, Lourdes, etc.
O nome é importante: Un dos máis estendidos é a Nª Sª DOS REMEDIOS.
E en cada parroquia poñémoslle con todo dereito Nª Sª de:
Os Remedios de Mondoñedo, de Teixeiro, de Marín, ....
“REMÉDIO. ( Ven do latín: Remedium e este de medeor, mederi): Coidar, remediar, curar, aplicar un medicamento ou medicina, aliviar. Todo o que serve para debelar, vencer, facer desaparecer, dominar ou atenuar un mal físico ou moral; medicamento; droga. (fig. Cura, recurso, auxilio, socorro, corrixir, ocorrer (ir ou vir ao encontro, acudir á memoria, remediar ás propias necesidades).”
Temos bastante tendencia ao pesimismo:
Isto non ten remedio. Xa non hai máis remedio. Quen me dera un remedio para... Hai que pór remedio....
Na nosa Señora dos Remedios, a do bo Remedio, todo fai referencia á saúde, a unha curación ou á sanación.
Mesmo á liberación: Dunha tristeza, depresión, angustia ou medo ante un problema, ansia diante de algo que se nos aveciña ou nos ven encima.
Cando a vida nos supera, ancorámonos en Deus e desde aí tentamos buscarlle o novo sentido á vida e ás actuacións. Queremos pór remedio.
Ela, María, é modelo e guía de orientación de sentido na nosa vida: Necesitámola na:
Experiencia persoal, orientación de vida, cambios, crises,... Medos, rabias, tristezas,....
Trunfos, festas, alegrías. Na enfermidade.
Agora e na hora da nosa morte
No noso interior hai: 1.- Desacougos, fracasos, dúbidas, problemas, persecucións, vida laboral, paro, ... 2.- Crises familiares, matrimoniais, fillos, anciáns. Soidades. 3.- Na vida familiar e comunitaria . 4.- E nas catástrofes colectivas. Minas de Chile, atrapados, etc. guerras, desaparicións de persoas, abusos, etc. 5.- Mesmo mundialmente. Raíña da Paz,
María é Modelo: Para as persoas e para a Igrexa:
É modelo de acollida, de auxilio, de axuda, de crer en Deus, de crer en si mesma:
Ti es bendita... , Porque mirou a pequeneza da súa escraviña, .... ,
El fai obras grandes por min. Como será isto, Eu non entendo?
Fe e fidelidade: Aquí está a escrava do Señor, fágase en min a túa vontade.
Modelo de fe: Ela pon a súa confianza en Deus e logo pon todo da súa parte. Aprende e descubre as propias valías e ponas en funcionamento. Fíome. Xa Deus axudará.
Modelo de pedagoxía, de educadora, de auxiliadora, de aliviadora, de animadora:
Non suplanta, non inutiliza. Axuda a desenvolver á persoa, faina medrar...
Modelo de esperanza: Abrirse ao futuro con alento e con asertividade na vida.
Modelo de amor: María pensa no outro: Na soidade de Sabela. En Caná: Non teñen viño! ...
Sabe dos problemas, vive no mundo e cos ollos e oídos moi abertos. Faise presente. E mobiliza os recursos. Só se ve ben cos ollos do corazón. Ela ponlle corazón á vida, a toda vida. Sábese servidora e responde con servicialidade. Iso é sandarse, serenarse. Iso é poñer REMEDIO.
Nós hoxe e aquí: De que necesitamos ser sandados, curados, atendidos, auxiliados?
Que parte de nós precisa ser autenticamente saneada?
Vimos preocupados por pedir e ser sandados no corpo:
Da reuma, dos ollos, da falta de traballo, de ...
E está ben.... Forma parte da nosa vida.
E por dentro? Dos pesimismos e faltas de fe? Da falta de confianza en nós mesmos? Da falta de fe e de amor, de insolidariedade, da soberbia, etc. de convivir coas inxustizas, coas mentiras, etc? Dos odios, das divisións familiares e veciñais. Das ingratitudes. Da deshumanización. de sermos malos cidadáns. De arruinar a natureza? ...
Parece que só sabemos pedir. E ser agradecidos aos demais, a Deus, comigo mesmo?
Non sabedes o que estades a pedir... : Ambicións: Un a dereita e o outro a túa esquerda,...
Tamén vimos para sandar e sanear as nosas peticións e pretensións, os nosos desesperos e desesperanzas, ...
Vimos para aprender a crer en nós, a descubrir e saber as nosas capacidades e polas en funcionamento. Se Deus confía nelas, eu por que non?
Pedimos solucións máxicas e Deus quere contar connosco. Non quere facer o mundo sen nós.
O milagre: A túa fe sálvate, ponte en pé, descubre as túas capacidades de confrontamento coa túa debilidade, mesmo coa enfermidade.
In-firmes de alma e de corpo. Vimos curarnos das nosas in-firmezas, das in-firmidades.
Estamos empeñados nunha única saída e xa non vemos outras. Tamén estamos enfermos, por sermos curtos de visión e de orientación. Somos in-firmes.
Hai en min necesidades diarias que están clamando por ser liberadas: Diálogo, confianza para expresarnos e falar con fortaleza, superación de soidades, as conspiracións do silencio que nos condenan ao illamento tan doroso, a recuperación da paz e do perdón, o amor e cariño mutuo.
O milagre das nais e dos pais a diario é iso: Pór remedio: Estades a facer posíbel a vida chea de vida, de amor e de paz. De acompañamento e de compartir, de facer crer nun mesmo e decidirse a avanzar e medrar.
E todo iso é para dar grazas e emocionarnos. Merece ser celebrado, hoxe e aquí. Diante d’Ela.
Se chegado o momento, estou tan maliño e vexo que os meus días xa se acaban, porque son finito, hai moitas saídas máis necesarias do que pedir a curación da enfermidade.
É máis necesario pór a vida en paz, falar cos meus de moitas cousas das que nunca falei. Deixar aos que fican aquí detrás de nós un consello de vida, vencer os medos, as rabias. Deixarme aconsellar. Pedir perdón antes de irme para pechar a vida en paz e facendo as paces, declarando o inmenso amor que nos profesamos, pedir desculpas polos erros, etc. Sandar toda unha vida.
Iso fará que logo o tempo do luto sexa máis cheo de esperanza e amor, de bendicións pola vida en común. Fará posíbel a nova presenza.
María sacou forzas porque creu: No Deus que a salva, porque mirou a pequeneza da súa escrava.
Dicimos nós: Mesmo parece que foi Deus quen naquel momento me iluminou, me deu coraxe, forzas. Quen puxo aquela persoa no meu camiño? Etc.
María é grande pola súa referencia continua a Xesús o Salvador, o anunciador do Reinado de Deus. Por deixarse encher continuamente do Espírito de Deus. Do alento de Deus. E logo polo seu actuar: Fágase en min como ti queres, Señor... Sen medos, con alento, pacificados...
Estaban os discípulos reunidos, pechados por medo aos xudeus e entrou Xesús: Pacificádevos! E alentou sobre deles. Ánimo ide anunciade o Reino e curade aos enfermos, aos in-firmes de alma e de corpo. E iso podémolo facer tamén nós.
Hoxe e aquí, pensa de verdade: Por qué ves? A qué ves?
Pon as túas ansias e preocupacións. Deixa que Deus obre o seu milagre en ti. Cales son as miñas, as túas enfermidades, as in-firmezas que precisan remedios., curación?
Erguede os corazóns, levantade os ánimos. A rutina é un inimigo cativo.
Neste problema ou circunstancia, qué pide Deus de min? Que milagre espero? Como podo eu escoitar hoxe e aquí : Érguete e anda. A túa fe salvoute?
De verdade que necesitamos o cariño e a tenrura, a comprensión e o alento da Nai, da Nª Sª dos Remedios. Iso é sanante e sanador. Iso é remedio
Imos seguir a Misa con fe e confianza. Faremos logo a procesión, camiñando xuntos e ao seu paso, símbolo da vida. Estamos fachendosos dela. Invitámola a pasear polos nosos eidos. Alta, sobre ombros, polas nosas terras. Botar todos, xuntamente con Ela, un vistazo en redondo a todo e a todos para que derrame alento e bendicións durante todo o ano.
Mira á estrela, chama a María, dicía S. Bernardo. Por mediación da Nª Sª dos Remedios:
Señor, que vexa. Señor unha soa palabra túa abonda para pórme en camiño de salvación.
Santa María, Nai de Deus, Nª Sª dos Remedios de Mondoñedo, de Teixeiro, de Marín, ...,
roga por nós.
Roga por nós, agora e na hora da nosa morte. Amén

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.