UNHA
LEMBRANZA PARA TI, MULLER.
08-03-2012.
No día internacional da muller.
Bo
día,
amiga,
compañeira, muller.
Cando
vou ao cárcere de Teixeiro,
atopo
sempre de fronte
a
imaxe forte de Concepción Arenal,
pintada
por un interno na entrada do módulo 6.
Unha
muller que loitou pola liberdade.
Ten
poderío nos seus ollos.
Levo
un mes e pico recluído na casa
por
mor de coidar unha perna
que
fracturei nunha queda casual.
Fun
atendido por mulleres traballadoras,
administrativas,
médicas, enfermeiras e celadoras,
algunhas
delas compañeiras miñas de profesión cando estaba en activo.
Foi
delas de quen aprendín a arte de coidar e curar.
Pór
corazón nas mans, e amor nas palabras.
Só
teño recoñecementos de gratitude
por
ter a sorte de tantas colegas no traballo,
moitas
delas en postos de mando directo sobre min,
experimentando
así vivencialmente a súa grande valía.
Tiven
unha nai, da que só teño recordos que case non son,
pero
que estivo sempre presente polo seu don da vida
e
que por dar a vida ao meu irmán derradeiro perdeu ela mesma a vida.
Teño
tres irmás e varias sobriñas e sobriñas netas.
Unha
familia de grandísima presenza feminina.
Quen
colaboramos xuntos nas parroquias que intento servir
a
maioría son mulleres e a elas se lles debe o que facemos:
Teatro,
visitas a enfermos, coidados de axuda, consello,
acompañamento
no dó e nos intres máis difíciles de todos nós,
sentido
serio e profundo da espiritualidade, liturxias,
sentido
do humor e do amor.
Podería
seguir.
No
conxunto dun número moi grande de mulleres
que
me axudan a ser persoa, na miña condición de home,
sen
ser machista, ou polo menos intentar non selo,
estás
persoalmente ti.
Si.
Ti
tes a túa aportación non pequena.
E
é por iso que,
en
ti,
quero
hoxe ter unha mostra de infinda gratitude
para
toda muller,
empezando
polas que non coñecen a liberdade,
polas
que sofren na súa carne os diversos desprezos,
as
desatencións, insultos ou faltas de consideración positiva.
Polas
que van deixando a vida,
mortas
nas cruces inxustas dunha existencia,
que
debera ser mellor,
e
de tantas viles maneiras
a
mans dos que só se esperaba amor e compaña,
porque
así é de lei e así o prometeran mutuamente.
Para
ti,
para
todas,
un
poema,
unha
rosa,
unha
canción.
E
sobre todo moito respecto, gratitude e amor.
Un
bico.
Xaquín
Campo Freire.