miércoles, 23 de febrero de 2011

E SE UN DÍA TE LEVASEN PRESO?

E SE UN DÍA TE LEVASEN PRESO?

XAQUÍN CAMPO FREIRE, FONTE DA CRUZ, 11-02-2011.

A quen? A min? Ti desvarías. Tes cada cousa! Como se che ocorre tal? Estás seguro que non bebiches algo estes días? Eu ao cárcere nin de visita!

Sendo eu moi neno moito me chamou a atención o que nos dixo un día o meu avó: Ademais desta casa, temos outras tres: O hospital, o nicho do cemiterio e o cárcere. O do hospital entendino porque viamos pasar a “Cruz Roja” pola Nacional VI. O do cemiterio, porque xa tiñamos moitos dos nosos alí, entre eles á nosa naiciña. O do cárcere ... ?  Supoño que o comentario do meu avó veu por alguén a quen acolléramos.

Na nosa casa, desde antigo, sempre se lle deu “pousada ao peregrino”, como dicía o Catecismo nas Obras de Misericordia. Recordo moito aos toliños que levaban vida de vadío despois daquela guerra incivil. Tamén  teñen durmido persoas que confesaban que saíran do cárcere e ían camiñando cara ás súas casas. Só Deus sabe onde sería! Nunca nos pasou nada. Por máis que ás veces a pinta non pintaba nada ben. Daquela, nas casas das aldeas, eramos moitos vivindo. Non tiñamos medo. E por derriba de todo pesaba a compaixón. Doíanos. Non podiamos botar ao mundo na friaxe da noite a persoas que chegaban molladiños coma pitos e coa fame nos ollos e no mesmo andar.

Hoxe a sociedade cambiou moito e as cousas xa suceden de formas moi diferentes. Hoxe, ser humanos, vai por outros vieiros. Porén os problemas seguen aí. Di Isaías (58,7-10): “Parte o teu pan con quen ten fame, hospeda aos pobres sen teito, viste a quen vai espido e non te peches á propia carne”. Iso de chamar “propia carne” a todos eses que el cita, dá unha inquedanza ben fonda. Non si? E sei que non son o único, por sorte.

E se un día te levasen preso?  Cómo te situarías alí dentro? E a túa familia, non iría contigo tamén ao cárcere da veciñanza, da sociedade? O nome da casa xa ficaría co estigma: “Eses téñenche un familiar no penal X”. Agora chamáselle eufónicamente: “Centro Penitenciario de ..... ”

Do cárcere sáese. Tarde ou cedo, pero sáese. E eu pregunto: A sociedade de hoxe, ti, eu, o outro, ..., temos xa ben integrado iso de “doerse da propia carne”? Se nos pedisen axuda calquera institución, familia, ou persoa, seriamos capaces de apoiar unha reinserción, dar un traballo ou acoller na veciñanza a alguén, sen poñer cara de perdoa vidas, e dar de verdade outra oportunidade a quen o necesita?

Se tiveches a paciencia de lerme ata eiquí, pódoche dicir amigo, que esta está sendo unha tarefa ben dura para os que meritoriamente traballan, traballamos, esta parcela das nosas novas pobrezas.

Se non se axuda a cambiar a auga do acuario, o peixiño está en perigo de morte cando volva de novo ao ambiente. E xa non morre só por el. Tamén morre por nós. Nós, todos, somos coma esa auga. Pode ser saudábel ou mesmo envelenada. Non somos unha sociedade moi proclive a mudarmos nos nosos presupostos.

E se fose eu, ou o teu fillo, ao que lle tocou entrar e logo saír, que ambiente acolledor desexariamos? Non esquezamos que todos temos esas tres casas. No cárcere é moi fácil ingresar. E... á saída? Qué e quén?

viernes, 11 de febrero de 2011

El Ayuntamiento ourensano de Boborás suspende el carnaval

OURENSE 

Boborás suspende el carnaval a causa de la crisis

La alcaldía destinará la partida prevista de 10.000 euros a la atención de la infancia y de los mayores del municipio.


El Ayuntamiento ourensano de Boborás suspende el carnaval oficial debido a la actual crisis económica. Así lo hizo público ayer el regidor, Cipriano Caamaño, defendiendo su elección por «a liña da austeridade á hora de priorizar as inversións e os plans que se van a levar a cabo dentro do noso municipio».
La reducción de las aportaciones del Estado a las Administraciones locales, dijo, hacen que desde la alcaldía se decida destinar la partida de organización del entroido, casi 10.000 euros, «a outros servizos de carácter básico, tales como o punto de atención á infancia, as axudas aos novos nacementos, a axuda a domicilio ou o xantar sobre rodas, que entendemos que teñen prioridade ante un festexo que aínda entendendo a súa importancia, non deixa de ser un evento de carácter lúdico», precisa el alcalde popular.
Caamaño justifica su decisión en que se trata de «priorizar gastos, e é moito máis importante tentar seguir axudando aos colectivos que máis o precisan que á organización dun festexo popular». Deja claro, sin embargo, que el Concello «apoia e apoiará sempre a celebración do entroido, como expresión da cultura popular, non obstante nestes intres de intranquilidade económica non pode asumir o custo que supón a organización de dito evento». De hecho anima a la ciudadanía a mantener esta fiesta como uno de los referentes de la cultura popular.
La suspensión del carnaval pilló por sorpresa a la mayoría de los vecinos y a la oposición, que critica esta medida cuando se destinan a personal 355.782 euros en el presupuesto del 2010, actualmente prorrogado, y de ellos 58.135 euros son sueldos del alcalde y ediles del gobierno.
No descartan que la decisión esté relacionada no solo con la difícil situación económica del país, sino también con la reciente dimisión, a finales del pasado año, de la teniente de alcalde y concejala de Cultura encargada de la organización de la fiesta de carnaval: concursos, desfile, subvenciones para los grupos y amenización musical. La plaza sigue vacante a día de hoy.

DES-ALMADOS

DES-ALMADOS

XAQUÍN CAMPO FREIRE.- FONTE DA CRUZ, 25-01-2011.

A “Perica” era atolada e moi larpeira. Un neno de sete anos arma moi pouco e a vaca ben o sabía.
Miña tía tivera un derrame cerebral e había que atendela en todo momento. Meu avó tiña  94 anos. Miña irmá, a maior, tiña 11 e de súpeto tivo de converterse en ama de casa e atender ás outras dúas nenas de 5 e 2 anos e á enferma. A nosa nai e o noso irmanciño pequeno finaran había uns meses. Esa era a nosa realidade existencial.
Aquel era un día de moito apuro. Tiñamos xente de fóra axudando non sei agora en que traballos dos que se facían en común. O noso pai andaba moi triste e non daba feito. Por iso me pediu que me fixese cargo aquel día das catro vacas na Pena do Bueiro. Eu entendía ben o problema. Pero a Perica escapoume  e foi larpar, atrapallar e larfar os nabos á Leira do Camiño, a do tío  Rufino de Pedra Pequena. Por máis que corrín, a vaca fixo un verdadeiro estrago. E para que a desfeita fora menos visíbel arrinquei como unha ducia de nabos ao salteado e cun canoto grande transplanteinos de espicho. Cousas dun neno de sete anos! Ao día seguinte estaban pampos. As pegadas da vaca marcaban o recorrido e os nabos comidos daban conta da zaragallada. Fíxena boa! Eu falláralle ao meu pai. Tiven medo. Calei. Non dixen nada na casa. Non quería engadir máis tristezas.
Pasados tres días, chegou á casa Rufino moi enfadado. Relatoulle a meu pai toda situación e coa aguillada na man pretendía que meu pai me breara para darme un bo escarmento.
- “Mira Rufino, vas a miña Leira do Cuco e, cando queiras, apáñala toda enteira. O de pegarlle ao neno, permíteme que sexa da miña exclusiva responsabilidade. Xa me abonda coa que me está caendo”. Así lle falou o meu pai con moita seriedade.
A tía Sabina de Agramonte era costureira. Estaba na casa arranxándonos roupa, pois non tiñamos quen nolo fixera. Nunca vin unha muller con tanta enerxía. Erguese e púxolle os puños na cara a Rufino. Díxolle que era un malnacido e chamoulle desalmado. Foi a primeira vez que eu escoitei esa palabra. E entendina.
Por qué me ven agora á memoria este sucedido da miña infancia? Vou reproducir un titular que lin hai días pasados:
“Yo sé que en la política hay gente capacitada, honesta, trabajadora y comprometida”. “Pero no me engaño. También, hay muchos desalmados que especulan con el bien ajeno, con las riquezas nacionales y con la Madre Naturaleza¡”
Consultei a definición da RAE: “Desalmado, da. (Del part. de desalmar) 1. adj. Falto de conciencia. 2. adj. Cruel, inhumano. 3. adj. ant. Privado o falto de espíritu.”
E pensei na forma de tratar a lingua e cultura galega por parte dos políticos da nosa Comunidade e mesmo do Estado. Incluso por un grande sector da poboación.  Noutro dicionario aparece a etimoloxía: “Sen alma”. E decateime de que a un pobo non lle pode pasar cousa peor do que perder a alma. Estaremos sendo todos uns ‘des-almados’? Estaremos todos vendendo a nosa alma ao diaño?
Asistimos a cotío ao espectáculo de como ante o patrimonio espiritual común e secular da nosa Comunidade entran estes señores como a “Perica” no nabal. Fan unha auténtica desfeita. Abusan de que un neno orfo, un pobo avellentado, é quen ten a misión de coidalo. Non teñen paraxe. Só deixan detrás as pegadas das súas malas artes e poñen a andar todas as aguilladas para brear á nosa cultura, á nosa lingua, aos nosos nenos,  e a toda a cidadanía, quen medorentos, calamos, calamos e calamos.
Corremos aceleradamente a ficarmos todos DES-ALMADOS. Cantos Rufinos de Pedra Pequena todos os días! Pegar, brear, destruír, arrasar! Só saben facer iso: DES-ALMAR!  Cando aparecerá unha tía Sabina de Agramonte que nos diga e lles diga: DES-ALMADOS! Esperta pobo galego que te deixan sen-alma!

AMAR A QUEN NOS FAI DANO

AMAR A QUEN NOS FAI DANO

    A chamada a amar é sedutora. Seguramente, moitos escoitaban con agrado o convite de Xesús a vivir nunha actitude aberta de amizade e xenerosidade cara a todos. O que menos podían esperar era oílo falar de amor aos inimigos.
    Só un tolo lles podía dicir con aquela convicción algo tan absurdo e impensábel: «Amade os vosos inimigos, rezade polos que vos perseguen, perdoade setenta veces sete... »  Sabe Xesús o que está a dicir?  É iso o que quere Deus?
    Os oíntes escoitábano escandalizados.  Esquece Xesús que o seu pobo vive sometido a Roma?  Esqueceu os estragos cometidos polas súas lexións?  Non coñece a explotación dos campesiños da Galilea, indefensos ante os abusos dos poderosos terratenentes?  Cómo pode falar de perdón aos inimigos, se todo os está a invitar ao odio e a vinganza?
    Xesús non lles fala arbitrariamente. O seu convite nace da súa experiencia de Deus. O Pai de todos non é violento senón compasivo. Non busca a vinganza nin coñece o odio. O seu amor é incondicional cara a todos: «El fai saír o seu sol sobre bos e maos, manda a choiva a xustos e inxustos». Non discrimina a ninguén. Non ama só aos que lle son fieis. O seu amor está aberto a todos.
    Este Deus que non exclúe a ninguén do seu amor, hanos de atraer a vivir como el. Esta é en síntese a chamada de Xesús. "Parecédevos a Deus. Non sexades inimigos de ninguén, nin sequera dos que son os vosos inimigos. Amádeos para que sexades dignos do voso Pai do ceo".
     Xesús non está a pensar en que os queiramos co afecto e o co cariño que sentimos cara aos nosos seres máis queridos. Amar o inimigo é, sinxelamente, non nos vingar, non lle facer dano, non lle desexar o mal. Pensar, máis ben, no que pode ser bo para el. Tratalo como quixésemos que nos tratasen a nós.
    É posíbel amar o inimigo? Xesús non está a impoñer unha lei universal. Está a invitar aos seus seguidores a parecernos a Deus para ir facendo desaparecer o odio e a inimizade entre os seus fillos. Só quen vive tratando de identificarse con Xesús chega a amar aos que o queren mal.
    Atraídos por el, aprendemos a non alimentar o odio contra ninguén, a superar o resentimento, a facer o ben a todos. Xesús invítanos a «rezar polos que nos perseguen», seguramente, para ir transformando pouco a pouco o noso corazón. Amar a quen nos fai dano non é doado, pero é o que mellor nos identifica con aquel que morreu rezando polos que o estaban a crucificar: "Pai, perdóaos porque non saben o que fan".  
José Antonio Pagola.- Traduciu: Xaquín Campo Freire.

ENTENDER AS LEIS COMA XESÚS

ENTENDER AS LEIS COMA XESÚS

    Os xudeus falaban con orgullo da Lei de Moisés. Era o mellor regalo que recibiran de Deus. En todas as sinagogas gardábana con veneración dentro dun cofre depositado nun lugar especial. Nesa Lei podían atopar canto necesitaban para ser fieis a Deus.
    Xesús, non obstante, non vive centrado na Lei. Non se dedica a estudala nin a explicala aos seus discípulos. Non se lle ve nunca preocupado por observala de xeito escrupuloso. Certamente, non pon en marcha unha campaña contra da Lei, pero esta non ocupa xa un lugar central no seu corazón.
    Xesús busca a vontade de Deus dende outra experiencia diferente. Sente a Deus tratando de abrirse camiño entre os homes para construír con eles un mundo máis xusto e fraterno. Isto cámbiao todo. A lei non é xa o decisivo para saber que espera Deus de nós. O primeiro é "buscar o reino de Deus e a súa xustiza".
    Os fariseos e letrados preocúpanse de observar rigorosamente as leis, pero descoidan o amor e a xustiza. Xesús esfórzase por introducir nos seus seguidores outro talante e outro espírito: «se a vosa xustiza non é mellor do que a dos escribas e fariseos, non entraredes no reino de Deus». Hai que superar o legalismo que se contenta co cumprimento literal de leis e normas.
    Cando se busca a vontade do Pai coa paixón coa que a busca Xesús, sempre se vai máis alá do que din as leis. Para camiñar cara a ese mundo máis humano que Deus quere para todos, o importante non é contar con persoas observantes de leis, senón con homes e mulleres que se parezan a el.
    Aquel que non mata, cumpre a Lei, pero se non arrinca do seu corazón a agresividade cara ao seu irmán, non se parece a Deus. Aquel que non comete adulterio, cumpre a Lei, pero se desexa egoistamente a esposa do seu irmán, non se asemella a Deus. Nestas persoas reina a Lei, pero non Deus; son observantes, pero non saben amar; viven correctamente, pero non construirán un mundo máis humano.
    Temos de escoitar ben as palabras de Xesús: «Non vin para abolir a Lei e os profetas, senón para dar plenitude». Non veu botar por terra o patrimonio legal e relixioso do antigo testamento. Veu «para dar plenitude», para ensanchar o horizonte do comportamento humano, para liberar a vida dos perigos do legalismo.
    O noso cristianismo será máis humano e evanxélico cando aprendamos a vivir as leis, normas, preceptos e tradicións como os vivía Xesús: buscando ese mundo máis xusto e fraterno que quere o Pai.

José Antonio Pagola. - Traduciu: Xaquín Campo Freire.

jueves, 3 de febrero de 2011

LA VOZ DE GALICIA DEL 31 DE ENERO DE 2011

El TSXG anula las zonas de suelo urbano no consolidado del Plan Xeral de Curtis

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha estimado parcialmente el recurso contencioso-administrativo interpuesto contra el Plan General de Ordenación Municipal de Curtis. De este modo, anula las determinaciones para el suelo urbano no consolidado previsto en el documento aprobado por la Xunta en septiembre del 2007.
La demanda fue interpuesta por por las sociedades Galaico Mexicana de Promociones y Elmac 2003, S.?L. Pedían entonces que se declarase nula o anulable el Plan Xeral, ordenando además al Ayuntamiento de Curtis a abrir un nuevo trámite de información pública del expediente y que se reconociera que los terrenos de ambas sociedades mantuvieran la clasificación de suelo urbanizable industrial, como recogían las anteriores normas subsidiarias del planeamiento urbanístico.

Solo el suelo urbano
Pero el tribunal no ha entendido necesario anular todo el PXOM de Curtis. Explica su decisión -anular las zonas de suelo urbano no consolidado- porque considera una «disconformidad» entre el Plan Xeral del 2007 y el artículo 55.3 de la Ley 9/2002 de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia, que exige que el planeamiento general contemple en el suelo urbano no consolidado las reservas de suelo para atender las demandas de vivienda sujeta a algún régimen de protección pública, nunca inferiores al veinte por ciento de la edificabilidad residencial en cada distrito.
No obstante, el Ayuntamiento de Curtis alega que dicho artículo está derogado y considera que es «inaplicable hoy en día ese precepto legal que fundamentó el fallo anulatorio» del tribunal.

Un fallo ambiguo
De hecho, el Ayuntamiento de Curtis asegura que ignora el alcance de la sentencia y se ha dirigido al TSXG para solicitar una aclaración. En la súplica a la sala se indica que aclare si el fallo parcialmente estimado alcanza a anular todo el suelo municipal clasificado como urbano no consolidado, imposibilitando la ejecución de todos los polígonos delimitados de esta clase de suelo -una veintena-; o si lo que el fallo hace es obligar, en los procesos de ejecución de los polígonos suelo urbano no consolidado delimitados, a cumplir las exigencias sobre reservas de vivienda protegida que señala la legislación aplicable.
El Concello, que asegura que todavía no ha tenido respuesta por parte del TSXG, anuncia que habrá un recurso de casación.